Secretaría Uvigo

8ª convocatoria dos Premios INCUVI-EMPRENDE

TipoPremios
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
CódigoINCUVIEMPRENDE19/20
Data inicio solicitudes27/09/2019
Data fin solicitudes25/10/2019
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/5118
Descripción

Obxecto:

Fomento do espírito emprendedor entre o alumnado e persoas recentemente tituladas a través dun concurso de ideas que proporcione a proxectos emprendedores dos tres campus un programa de preincubación dun ano de duración

 

 

Requisitos
  1. Pertencer a algún dos seguintes colectivos:
    1. Alumnado matriculado na Universidade de Vigo en estudos de grao ou mestrado no curso 2019/2020.
    2. Persoas tituladas en titulacións oficiais pola Universidade de Vigo no curso 2016/2017 ou posteriores.
  2. Os proxectos poderán ser elaborados individualmente ou en grupos dun máximo de catro persoas; neste último caso terán unha persoa coordinadora que deberá ser membro do grupo.
  3. Os proxectos debe estar relacionados con algunha das ramas de coñecemento das titulacións oficiais: artes e humanidades, ciencias, ciencias da saúde, ciencias sociais e xurídicas, e enxeñaría e arquitectura.
  4. Non se admitirán proxectos presentados por grupos nos que algún dos membros fose premiado en anteriores convocatorias de INCUVI.
Documentacion

Deberáse subir ao formulario no momento de facer a solicitude:

  • Currículo de todas as persoas solicitantes (formación académica, experiencia laboral ou profesional, posible experiencia empresarial, así como outros datos de tipo persoal que estean relacionados coa idea empresarial e axuden a reforzar a súa viabilidade).
  • Carta de interese na que xustifiquen a súa motivación para participar no premio, así como as súas expectativas no caso de obter o premio e indiquen se a actividade emprendedora constituirá a ocupación principal de cada persoa promotora, ou se compatibilizará con outras dedicacións.
  • Proxecto, que non excederá das catro páxinas de extensión e seguirá o modelo que consta no Anexo II.

Opcionalmente poderase completar a documentación con:

  • Logotipo do proxecto en formato jpg.
Documentos de convocatoria
Ligazóns
Correo electrónico: bolsasformacion@uvigo.es
Teléfono: 986 81 40 94
: https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas/premios
Atrás