Secretaría Uvigo

Resolución reitoral do 22 de decembro de 2025 pola que se convoca a primeira edición do programa «Xeración Talento» da Universidade de Vigo en colaboración coa Fundación Princesa de Girona

TipoEmprendemento
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
CódigoFPG_2025
Data inicio solicitudes22/12/2025
Data fin solicitudes13/01/2026
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/14877
Descripción

Esta convocatoria ten por obxecto facilitar que o alumnado da Uvigo participe no programa «Xeración talento», un proxecto promovido e impulsado pola Fundación Princesa de Girona (FPdG). A finalidade deste programa é o desenvolvemento de competencias para mellorar a empregabilidade da mocidade. O estudantado que participe terá acceso a ferramentas que precisa para acelerar a súa carreira profesional e acrecentar o seu acceso ao emprego e terá a oportunidade de conectar con mozos e mozas de toda España. Así mesmo, como parte deste programa, a FPdG  ofrece axudas económicas en concepto de desprazamento para que o estudantado participante poida asistir a algunha das actividades que se organicen fóra da súa localidade de residencia.

Requisitos
  • Ter a cidadanía española ou ser residente en España.
  • Ter entre 18 e 30 anos
  • Estar matriculado en terceiro ou cuarto curso de calquera dos graos da Uvigo no ano académico 2025/26.
Documentacion

O estudantado solicitante deberán cubrir o formulario en liña dispoñible no seguinte enlace Formularios | Secretaría Online Universidade de Vigo, descargalo e presentalo na sede electrónica da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal) a través da instancia xenérica (SXER) existente na sede, dirixido á Área de Emprego e Emprendemento e indicando no resumo do asunto “Programa Xeneración de Talento”, achegando unicamente o pdf do formulario de solicitude.

Prazo para resolver3 meses
Silencio administrativoDesestimatorio
Documentos da convocatoria
Ligazóns da convocatoria
Taboleiro electrónico: https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-details.xhtml?idtaskdata=48087275
Correo electrónico: Unidade de emprego e emprendemento
Atrás