Bolsas de formación en unidades e áreas 2025/2026
Tipo | Bolsa de formación |
Organismo convocante | Universidade de Vigo |
Código | 2025_2026 Unidades e Áreas |
Data inicio solicitudes | 03/07/2025 |
Data fin solicitudes | 31/07/2025 |
Enderezo formulario para solicitude online | https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/14770 |
Descripción | OBXECTO O obxecto da bolsa é fomentar unha mellor formación teórica e práctica do estudantado, colaborando, en réxime de compatibilidade cos seus estudos, en actividades vinculadas á titulación en que se matricula. DURACIÓN E DESENVOLVEMENTO DO PERÍODO FORMATIVO A duración máxima do período formativo será de 8 meses e 15 días. Non se iniciará antes do 16 de outubro de 2025 e finalizará o 30 de xuño de 2026. O número de horas de colaboración será de 15 horas semanais para as bolsas-15 e de 10 horas semanais para as bolsas-10, as cales realizaranse tendo en conta os períodos lectivos e non lectivos do curso académico e a carga lectiva do bolseiro/a, quen poderá distribuír e compensar ata un 20% das horas de dedicación dun mes entre distintas semanas dentro do mesmo mes. CONTÍA A contía individual será como máximo de 400€/mes para as bolsas de 15 horas e 265 €/mes para as bolsas de 10 horas. Estará suxeita á retención do IRPF e ás obrigas de cotización á seguridade social (cota obreira) que se establece na normativa vixente nestas materias. Da contía adxudicada a cada beneficiario/a, 500€ serán financiados de acordo co convenio asinado co “Santander”. |
Requisitos | Poderá solicitar a bolsa o estudantado que cumpra os seguintes requisitos:
|
Documentacion | As persoas solicitantes deberán empregar o formulario en liña no seguinte enlace https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/14770 , descargalo e presentalo na sede electrónica da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal) a través da instancia xenérica (SXER) existente na sede. No asunto indicará “Bolsas formación unidades e áreas” e achegará unicamente o formulario coa solicitude. Só se poderá presentar unha solicitude por persoa. Así mesmo deberán inscribirse na web do “Santander” https://app.santanderopenacademy.com/es/program/complemento-a-las-practicas-2025-ii-edicion entre o 2 de setembro e o 27 de outubro de 2025. O prazo de presentación das solicitudes comeza o día seguinte de publicarse esta convocatoria e remata o 31 de xullo de 2025 ás 23:59 horas (hora peninsular española). As persoas solicitantes establecerán unha orde de prioridade nas bolsas solicitadas que será vinculante. Xunto coa solicitude, deberán subir ao formulario en liña (non haberá que subir a documentación á sede electrónica) de ser o caso, a seguinte documentación:
Tamén se lles poderá requirir que acheguen outra documentación que sexa necesaria para a correcta avaliación dos requisitos e dos méritos alegados. |
Observacións | |
Prazo para resolver | 3 meses |
Silencio administrativo | Desestimatorio |
Documentos da convocatoria | |
Ligazóns da convocatoria | |
Teléfono: | 986814094 |
Web: | https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas/bolsas-formacion |
Enlace a taboleiro: | https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-details.xhtml;jsessionid=841E16E5B3EFED5274D7700401FACC69?idtaskdata=44263707 |
Correo electrónico: | bolsasformacion@uvigo.gal |