Pasos:
- 1
- 2
- 3
- 4
Solicitude de bolsa de formación en unidades e áreas, curso 2025/2026
Para encher o formulario de solicitude teña en conta que:
- Os campos marcados cun asterisco vermello son obrigatorios.
- Se necesita modificar ou corrixir algo pode premer no botón ATRÁS.
- No paso 3 amosaranse os datos que vostede teña introducido; deberá comprobar que son correctos ou ben proceder a rectificalos.
- Os datos persoais obtéñense da súa conta da Secretaría virtual. Pode modificalos no apartado "a miña conta"
- O rematar de cubrir o formulario online debes descargalo e presentalo na Sede Electrónica da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal) a través da Instancia Xenérica (SXER) existente na sede, poñendo en asunto "Solicitude de bolsa de formación complementaria das unidades e áreas", achegando unicamente o arquivo coa solicitude (a documentación xustificativa só hai que subila ó formulario). No caso contrario á solicitude non será tramitada. A presentación en SEDE debe ser efectuada pola persoa solicitante (no caso de ser presentada por outra persoa debe subir un documento firmado de AUTORIZACIÓN). Así mesmo deberán inscribirse na web do “Santander” https://app.santanderopenacademy.com/es/program/complemento-a-las-practicas-2025-ii-edicion entre o 2 de setembro e o 27 de outubro de 2025.
- Sobre o formulario impreso non caben modificacións.
IMPORTANTE: Para calquera dúbida póñase en contacto coa Sección de Bolsas, nos teléfonos 986 814094 ou correo electrónico bolsasformacion@uvigo.es.
Para calquera dúbida en relación coa SEDE ELECTRÓNICA póñase en contacto cos teléfonos:
Vigo: 986 130 200
Pontevedra: 986 801 955
Ourense: 988 387 103
De acordo co disposto no artigo 13 do Regulamento UE 2016/679, do Parlamento Europeo e do Consello, de 27 de abril, relativo á protección da persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos e co disposto no artigo 11 da Lei orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, os datos facilitados na solicitude serán tratados baixo a responsabilidade da Universidade de Vigo. En calquera momento poderá exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, oposicion e cancelación mediante solicitude dirixida ao reitor da Universidade de Vigo no rexistro da Universidade de Vigo, ou en calquera dos rexistros indicados no artigo 16 da LPCAP. Máis información: https://www.uvigo.gal/proteccion-datos
Datos de contacto
Servizo de bolsas
bolsasformacion@uvigo.gal
986814094