Distintivo de galeguización «Gal Ego» destinado a facultades e a escolas da Universidade de Vigo
Tipo | Premios |
Organismo convocante | Universidade de Vigo |
Código | Distintivo de galeguización Gal Ego |
Data inicio solicitudes | 20/02/2025 |
Data fin solicitudes | 31/03/2025 |
Descripción | O galego é a lingua propia e de uso da Universidade de Vigo. Nos seus estatutos, a Universidade de Vigo comprométese a promover, de acordo coas súas competencias, liñas de actuación que garantan o uso pleno da lingua galega en todas as súas actividades docentes, investigadoras, administrativas e de servizos. O Regulamento do uso da lingua galega determina que as comunicacións formais entre centros, servizos e administracións da nosa universidade se realizarán en galego, así como as de uso interno dos diferentes órganos da nosa institución. Tamén, que os centros, departamentos, dependencias administrativas e de servizos da Universidade de Vigo terán como lingua de uso o galego, así como os documentos elaborados polos departamentos e polas entidades institucionais. Con esta finalidade, a Universidade de Vigo publica a presente convocatoria para outorgar o segundo distintivo de galeguización «Gal Ego» destinado a facultades e a escolas da Universidade de Vigo, co obxectivo de recoñecer o uso activo da lingua galega no desenvolvemento de todas as súas actividades. Esta proposta pretende recoñecer, impulsar e incentivar o emprego da lingua galega nas facultades e nas escolas da Universidade de Vigo. O distintivo de galeguización outorgaráselle anualmente á facultade ou á escola que máis puntuación obteña. O distintivo de galeguización terá unha vixencia de catro anos (2025-2029), tras os que o centro deberá presentarse de novo a esta convocatoria se o quere renovar. Este distintivo de galeguización vai acompañado dunha contía económica de 3.000 euros para que a dirección da facultade ou da escola empregue en desenvolver actividades ou iniciativas que fomenten o uso do galego. |
Requisitos | Poderán solicitar o distintivo de galeguización os equipos directivos ou decanais de todas as facultades e escolas da Universidade de Vigo. |
Documentacion | A establecida na convocatoria. |
Silencio administrativo | Desestimatorio |
Documentos da convocatoria | |
Ligazóns da convocatoria | |
Correo electrónico: | Área de Normalización Lingüística |
Teléfono: | 986813574 |
Taboleiro da UVigo: | https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-details.xhtml?idtaskdata=42108959 |
RR DE 23 DE ABRIL, POLA QUE SE PUBLICA A LISTAXE PROVISORIA DE SOLICITUDES ADMITIDAS E EXCLUIDAS DA CONVOCATORIA DO DISTINTIVO DE GALEGUIZACIÓN «GAL EGO» DESTINADO A FACULTADES E A ESCOLAS DA UNIVERSIDADE DE VIGO (SEGUNDA EDICIÓN)
Descrición | |
Prazo de alegacións de 5 días hábiles a partir do día seguinte de publicarse esta resolución. Remata o 30 de abril ás 23:59 h |