Convocatoria de admisión, matrícula e avaliación nas ensinanzas de grao para o curso académico 2024/2025 (R.R. 30/05/2024)
Tipo | Convocatoria de estudos de grao |
Organismo convocante | Universidade de Vigo |
Código | GRAO.2024/2025 |
Data inicio solicitudes | 01/06/2024 |
Data fin solicitudes | 15/10/2024 |
Enderezo formulario para solicitude online | https://sede.uvigo.gal/ |
Descripción | Esta convocatoria ten por obxecto regular os procesos relacionados coa admisión, matrícula e avaliación nas ensinanzas de grao para o curso académico 2024/2025. Os trámites, cuxa tramitación dependa exclusivamente da Universidade de Vigo, terán que iniciarse na sede electrónica, polo que será necesario posuír algún medio válido de identificación electrónica. Para menores de 18 anos admitirase a presentación por representación legal (pai, nai ou persoa titora legal). De xeito excepcional para estes procedementos, as persoas de nacionalidade extracomunitaria sen residencia en España, poderán usar medios de acceso á sede electrónica alternativos, para o cal deberán enviar un correo electrónico a estranxeiros@uvigo.gal antes de iniciar o procedemento de solicitude e con antelación suficiente ao día de peche do prazo de presentación. |
Requisitos |
|
Documentacion | de admisión de matrícula |
Observacións | As reclamacións ou recursos interpostos relativos aos procedementos incluídos nestas normas resolveranse ao abeiro desta convocatoria e demais normativas e acordos que regulamenten o réxime do alumnado, sen prexuízo das disposicións legais e regulamentarias que sexan de aplicación en cada caso. Serán a secretaría xeral e as vicerreitorías competentes en materia de xestión académica as que diten instrucións en aclaración e interpretación das normas de matrícula. A presente convocatoria publicarase no taboleiro electrónico e entrará en vigor para o curso académico 2024/2025. |
Prazo para resolver | consultar cada procedemento de admisión e trámite de matrícula |
Silencio administrativo | Desestimatorio |
Documentos da convocatoria | |
Ligazóns da convocatoria | |
acceso ao portal académico: | https://secretaria.uvigo.gal/uvigo.sv/index.php?modulo=portalAcademico |
acabo de chegar á UVigo: | https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/axuda/faq/10 |
bolsas: | https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas |
prezos públicos, pagamentos, descontos, devolucións: | https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/matriculate/prezos-publicos |
calendario académico 2024/2025: | https://www.uvigo.gal/sites/uvigo.gal/files/docs/universidade/institucional/calendario/Calendario_academico_UVigo_2024-25.pdf |
recoñecemento de créditos, traslados, certificacións, etc.: | https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/outros-tramites |
matricúlate: | https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/matriculate/matricula-graos |
Admisión
Descrición | |
En función de cada situación, das preferencias e/ou posibilidades poderase elixir entre os seguintes procedementos de admisión:
| |
Observacións | |
Documentos da fase da convocatoria: | |
Matrícula
Descrición | |
A matrícula, para cada curso académico, estará condicionada polas obrigas e condicións establecidas no correspondente plan de estudos e, entenderase feita sen prexuízo das posibles incompatibilidades cos horarios de clases e exames determinados polos centros para cada titulación de acordo coas necesidades dos seus programas de estudo. O exercicio do dereito de matrícula non obrigará en ningún caso á modificación do réxime de horarios ou datas de exames determinados en cada centro de acordo coas necesidades da súa planificación.
| |
Observacións | |
Os chamamentos de formalización da matrícula para o alumnado que accede a primeiro curso polo procedemento de preinscrición serán os establecidos pola CiUG. O resto do alumnado ten que formalizar a matrícula no prazo ordinario a través do portal académico. O horario de matrícula e de modificación a través do portal académico remata ás 23:59 horas do último día de prazo. A asistencia presencial nas unidades administrativas dos centros será de 09:00 a 14.00 horas. | |
Documentos da fase da convocatoria: | |
Avaliación
Descrición | |
O dereito de inclusión nunha acta de avaliación adquírese coa formalización da matrícula. Só quen figure nela, no momento da súa edición, terá dereito a ser cualificada ou cualificado, non poderá incluírse a ninguén con posterioridade e, en ningún caso se autorizará a matrícula fóra de prazo polo feito de asistir a clase e/ou concorrer ás probas de avaliación xa que ningunha destas situacións son motivo de inclusión. | |
Observacións | |
A avaliación ordinaria realizarase ao remate de cada cuadrimestre. A avaliación extraordinaria realizarase no período indicado no calendario académico.
| |
Documentos da fase da convocatoria: | |