Descripcion | O obxectivo desta convocatoria é facilitar que estudantes da Universidade de Vigo presten a súa colaboración, en réxime de compatibilidade cos seus estudos, no Centro de Investigación, Transferencia e Innovación (C.I.T.I.) de Ourense. Preténdese que a persoa beneficiaria da bolsa de formación se inicie en tarefas que, ou ben estean directamente vinculadas aos estudos que está cursando, ou ben lle sirvan de aprendizaxe que poida contribuír a súa formación para a incorporación a un contorno de traballo real. |