Secretaría Uvigo

Probas de aptitude para o acceso ao Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte

TipoConvocatoria de estudos de grao
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
CódigoPROBAS.FISICAS.2024/2025
Data inicio solicitudes08/03/2024
Data fin solicitudes02/04/2024
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://sede.uvigo.gal/
Descripción

O Real Decreto 412/2014, de 6 de xuño, polo que se estable a normativa básica dos procedementos de admisión ás ensinanzas universitarias oficiais de grao, permite, de xeito excepcional, a posibilidade de establecer avaliacións específicas de coñecementos e/ou de competencias.

O obxectivo das probas é o de garantir que a persoa aspirante presente unhas condicións físicas axeitadas e seguras para o aproveitamento do Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte. Procúrase que o alumnado acredite a súa madurez en relación cos obxectivos do grao e as súas capacidades en relación co exercicio da profesión do deporte. A persoa aspirante será avaliada como APTA ou NON APTA.

A realización e, no seu caso, superación destas probas non exime do requisito de realizar a solicitude de admisión aos estudos universitarios oficiais de grao do sistema universitario de Galicia baixo a coordinación da Comisión interuniversitaria de Galicia (CiUG).

Requisitos

Poderá participar calquera persoa interesada tendo en conta que, segundo a normativa básica dos procedementos de admisión as ensinanzas universitarias oficiais de grao, para optar a unha praza das ofertadas para iniciar os estudos do Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte, haberá que estar en condicións de acceder a universidade como, persoas con título universitario, con título de formación profesional, persoas que superen a proba de acceso para maiores de 25 anos ou de 45 anos, ter superada a ABAU en anos anteriores ao actual ou superar a ABAU na próxima convocatoria para iniciar os estudos no curso 2024/2025.

As persoas cualificadas como aptas en probas de aptitude específicas para o acceso ao Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte para o acceso ao curso académico 2023/2024 non están obrigadas a inscribirse e realizar as probas de novo, xa que a cualificación gárdase para a admisión ao curso académico 2024/2025.

As persoas que resulten cualificadas como aptas nesta convocatoria non terán que repetir as probas de aptitude na convocatoria seguinte.

Quedan eximidos da realización das probas, pero non dos trámites de admisión sinalados no parágrafo anterior, as persoas que se acrediten como deportista de alto nivel ou de alto rendemento polo Consello Superior de Deportes ou polo organismo competente da Comunidade Autónoma.

 

Documentacion

Na presentación da solicitude:

  1. A UVigo comprobará, de oficio, os datos correspondentes a identidade persoal e, no seu caso, os referidos a discapacidade, familia numerosa e a condición de persoal da UVigo a efectos da concesión de matrícula gratuíta. Non obstante, as persoas que queiran opoñerse á consulta de datos deberán:
    • Iniciar o procedemento de exercicio de dereitos sobre a protección de datos
    • Achegar a documentación seguinte, segundo corresponda:
      1. Copia do documento nacional de identidade ou equivalente
      2. Orixinal electrónico ou copia do certificado de condición legal con discapacidade expedido polo órgano competente da comunidade autónoma (non é válido o documento expedido polo INSS) e, de solicitala adaptación específica das probas establecida no apartado 4, un informe médico detallado sobre a discapacidade para a adaptación das mesmas.
      3. Orixinal electrónico ou copia do título de familia numerosa
  2. Quen alegue ser vítima de terrorismo ou de violencia de xénero deberá acreditar mediante as formas previstas para cada caso.

Antes da publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas do 15 de maio:

  • Certificado médico expedido nun modelo oficial do colexio médico en data recente (máximo dous meses) no que conste literalmente e completo o seguinte texto: "Non existe ningún tipo de contraindicación que impida a realización de probas físicas de máximo esforzo". No caso de persoas que residan no estranxeiro poderán presentar o modelo de certificado médico oficial do país de residencia incluíndo o texto en inglés: “There is no contraindication to the completion of the maximal exercise stress tests”

O día das probas:

  • Todas as persoas aspirantes deberán asistir provistas do DNI ou documento equivalente.
Observacións

As probas de aptitude terán lugar nas instalacións deportivas da FCCED (Campus de Pontevedra, A Xunqueira, s/n 36005), agás as probas de natación que terán lugar na piscina do Centro Galego de Tecnificación Deportiva (Estadio da Xuventude).

Silencio administrativoDesestimatorio
Documentos da convocatoria
Ligazóns da convocatoria
Inciar o trámite de presentación de solicitude na sede electrónica: https://sede.uvigo.gal/
Publicación de listaxes no taboleiro electrónico: https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-index.xhtml
Correo electrónico: xn.educacion.forestal@uvigo.gal
Teléfono: 986 801702
Regulamento específico das probas: http://fcced.uvigo.es/gl/estudos/grao-en-ciencias-da-actividade-fisica-e-do-deporte/acceso-e-admision/probas-de-aptitude-fisica/
Información e contido das probas: http://fcced.uvigo.es/gl/estudos/grao-en-ciencias-da-actividade-fisica-e-do-deporte/acceso-e-admision/

Presentación de solicitudes do 8 de marzo ao 2 de abril

Descrición

As solicitudes presentaranse exclusivamente por medios electrónicos na sede electrónica da UVigo (https://sede.uvigo.gal/) a través do procedemento “SGRA – Probas de aptitude física”, para o que será necesario posuír dalgún dos seguintes sistemas de identificación:

  • DNIe(medio de identificación para os menores de 18 anos)
  • Certificado electrónico
  • eID.AS (cidadáns UE)
  • Cl@ve PIN
  • Cl@ve Móvil
  • Cl@ve Permanente
Observacións

Para os menores de 18 anos admitirase a presentación por representante legal (pai, nai, persoa titora legal) que posúa algún dos sistemas de identificación recollidos no apartado anterior. Neste caso é preciso indicar na solicitude o nome completo e número de DNI ou documento equivalente da persoa a quen se representa, declarando de xeito responsable que a información e os datos persoais son veraces e que cumpre cos requisitos esixidos nesta convocatoria.

 As persoas de nacionalidade extra comunitaria sen residencia en España, de xeito excepcional, poderán usar medios de acceso á sede electrónica alternativos, para o cal deberán comezar enviando un correo electrónico a estranxeiros@uvigo.gal antes de iniciar o procedemento de solicitude e con antelación suficiente ao día de peche do prazo de presentación.

Publicación listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas

Descrición

As listaxes provisionais publicaranse o 8 de maio no taboleiro electrónico (https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-index.xhtml).

Reclamación ás listaxes provisionais

Descrición

A presentación de reclamacións será, do 9 ao 13de maio, exclusivamente na sede electrónica través do procedemento de “SXER – Alegacións”. 

Publicación listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas

Descrición

As listaxes definitivas publicaranse o 14 de maio no taboleiro electrónico (https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-index.xhtml).

Observacións

As listaxes definitivas de persoas admitidas estarán distribuídas por quendas incluíndo a data e hora da proba.

Realización das probas físicas

Descrición

As probas de aptitude terán lugar nas instalacións deportivas da FCCED (Campus de Pontevedra, A Xunqueira, s/n 36005), agás as probas de natación que terán lugar na piscina do Centro Galego de Tecnificación Deportiva (Estadio da Xuventude) nas seguintes datas:

1º data: 21 de maio

2ª data: 18 de xuño 

Observacións

As persoas que resulten cualificadas como aptas nesta convocatoria non terán que repetir as probas de aptitude na convocatoria seguinte.

Listaxes provisionais de persoas aptas, non aptas e non presentadas

Descrición

Os resultados das probas (persoas aptas, non aptas ou non presentadas), publicaranse no taboleiro electrónico (https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-index.xhtml) e nas instalacións deportivas nas que teñan lugar ao remate das mesmas nas seguintes datas:

1º data: 21 de maio (no lugar das probas) e 22 (no taboleiro electrónico)

2ª data: 18 de xuño (no lugar das probas) e 19 (no taboleiro electrónico)

Reclamación ás listaxes provisionais dos resultados das probas

Descrición

Dependendo da data na que se realice a proba, as reclamación presentaranse exclusivamente na sede electrónica no prazo sinalado no calendario, a través do procedemento de “SXER – Alegaciónsnas seguintes datas:

1º data: 22 de maio

2ª data: 19 de xuño

Publicación listaxes definitivas dos resultados das probas

Descrición

Os resultados definitivos das probas (persoas aptas, non aptas ou non presentadas), publicaranse no taboleiro electrónico (https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-index.xhtml), nas seguintes datas:

1º data: 24 de maio

2ª data: 21 de xuño

Atrás