Axudas para contratos predoutorais da Universidade de Vigo
Tipo | Recursos Humanos |
Organismo convocante | Universidade de Vigo |
Código | PREUVIGO-23 |
Data inicio solicitudes | 26/10/2023 |
Data fin solicitudes | 23/11/2023 |
Enderezo formulario para solicitude online | https://secretaria.uvigo.gal/uvigo.sv/ |
Descripción | Ten por obxecto financiar a formación de persoas tituladas integradas en grupos de investigación que estean a realizar a tese de doutoramento na Universidade de Vigo e que, en función da súa capacitación e formación, poidan converterse en novo persoal investigador en formación mediante a formalización dun contrato predoutoral en calquera área de coñecemento científico conforme ao artigo 21 da Lei 14/2011, de 1 de xuño da ciencia, a tecnoloxía e a innovación modificada pola Lei 7/2022, de 5 de setembro. Convócanse 10 contratos predoutorais de nova adxudicación dunha duración de 3 anos sen posibilidade de prórroga. Resérvase 1 contrato para solicitantes que posúan unha discapacidade igual ou superior ao 33% sempre que se acredite a compatibilidade co traballo a desenvolver conforme ao obxecto desta convocatoria. De non ser finalmente concedido, acumularase aos contratos da quenda xeral. |
Requisitos | As persoas solicitantes das axudas previstas deberán cumprir os seguintes requisitos: a) Non ter sido seleccionada, gozar, nin ter gozado destas axudas ou doutras homólogas a estas en anteriores convocatorias ou dunha axuda á etapa predoutoral de calquera modalidade (Formación de Profesorado Universitario (FPU), Formación de doutoras e doutores (FPI), Xunta de Galicia ou equivalentes. b) Estar matriculadas nun programa de doutoramento na Universidade de Vigo a tempo completo no momento en que finaliza o prazo de presentación de solicitudes, requisito que será comprobado de oficio pola unidade tramitadora das axudas. c) Que a data de finalización dos estudos que deron lugar á obtención do/s título/s que habilitan o acceso ao programa de doutoramento, ou da superación de 60 créditos de posgrao se é o caso, sexa igual ou posterior ao 1 de xaneiro de 2021 salvo as excepcións sinaladas a continuación que poderá ser igual ou posterior ao 1 de xaneiro de 2018: - Quen acredite fidedignamente que se dedicou á atención e coidado de menores de 6 anos entre o 1 de xaneiro de 2017 e o 31 de decembro de 2020. - Quen acredite fidedignamente que interrompeu os seus estudos por causa dunha enfermidade grave ou que se dedicaron ao coidado de persoas maiores da familia en primeiro grao de parentesco entre o 1 de xaneiro de 2017 e o 31 de decembro de 2020. - Quen posúa unha discapacidade igual ou superior ao 33% debidamente acreditada mediante certificado de data recente expedido por autoridade competente. No caso de que unha persoa posúa máis dun título que dea acceso ao programa de doutoramento, para os efectos das datas, considerarase a primeira titulación obtida segundo os criterios indicados neste artigo. d) Estar adscritas ou comprometer a súa adscrición a un grupo de investigación da Universidade de Vigo formalmente rexistrado na Universidade de Vigo (SUXI). No caso de concesión da axuda, pedirase a acreditación da alta efectiva no grupo, con anterioridade á sinatura do contrato. e) Non posuír un título de doutora ou doutor. f) Ter unha nota media do expediente da titulación de grao, licenciatura, diplomatura, enxeñaría, arquitectura ou mestra/e ponderada pola nota media da súa titulación igual ou superior a 1. Para a ponderación, no caso de estudos realizados en universidades españolas, terase en conta a nota media que, de acordo cos datos da Clasificación Internacional Normalizada da Educación (ISCED), corresponda á súa titulación na universidade na que a cursou. Para os estudos realizados no estranxeiro, a ponderación realizarase tendo en conta as notas medias por códigos ISCED para estudos estranxeiros. Os datos de notas medias por códigos ISCED para estudos realizados en España e no estranxeiro, respectivamente, poden encontrarse nos seguintes enlaces: Información sobre notas medias ISCED xeral e notas medias ISCED universidade Información sobre notas medias ISCED estudos estranxeiros g) Non estar incursa nalgunha das circunstancias establecidas no artigo 13.2 da Lei 38/2003, de 17 de novembro xeral de subvencións. |
Documentacion | A documentación que deberá acompañar á solicitude é a detallada nas bases oitava e novena da convocatoria. O prazo de presentación das solicitudes comezará o 26 de outubro e permanecerá aberto ata o 23 de novembro de 2023. As solicitudes das persoas interesadas, acompañadas pola documentación prevista, deberán tramitarse a través do módulo de convocatorias do Sistema Unificado de Xestión de Investigación (SUXI) no que se debe estar rexistrada. O acceso ao SUXI realízase a través da secretaría virtual da Universidade de Vigo no seguinte enderezo: https://secretaria.uvigo.gal/uvigo.sv/ Unha vez rematado o procedemento, o documento pdf resultante convenientemente asinado, única e exclusivamente, debe ser presentado a través da sede electrónica da Universidade de Vigo no seguinte enderezo https://sede.uvigo.gal/ a través do procedemento «SINV-Axudas predoutorais propias» pulsando o botón «Iniciar tramitación». De xeito excepcional para este procedemento, unicamente as persoas de nacionalidade extracomunitaria, poderán usar medios de acceso á sede electrónica alternativos, para o cal deberán iniciar o procedemento enviando un correo electrónico a estranxeiros@uvigo.gal antes de presentar a súa solicitude e con antelación suficiente ao día de peche do prazo de presentación. |
Observacións | Para poder presentar unha solicitude debe seguirse o titorial que acompaña a esta convocatoria. |
Prazo para resolver | 6 meses |
Documentos da convocatoria | |
Ligazóns da convocatoria | |
Equivalencia notas medias de estudos universitarios realizados en centros estranxeiros: | https://www.universidades.gob.es/equivalencia-de-notas-medias-de-estudios-universitarios-realizados-en-centros-extranjeros/ |
Información sobre notas medias ISCED xeral e notas medias ISCED universidade: | https://www.universidades.gob.es/wp-content/uploads/2023/01/nm_isced_general_y_universidad_fpu2022.pdf |
Información sobre notas medias ISCED estudos estranxeiros: | https://www.universidades.gob.es/wp-content/uploads/2023/01/nm_isced_general_y_estudios_extranjeros_fpu_2022.pdf |
Niveis de competencia linguas estranxeiras CRUE: | https://proyectos.crue.org/acreditacion/ |
Certificados admitidos idiomas estranxeiros ACLES: | https://www.acles.es/uploads/archivos/Tablas_ACLES/Tablas_de_certificados_reconocidos_por_ACLES_2023_02_03.pdf |
Base de datos nacional de subvenciones: | https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/723220 |
Taboleiro de anuncios: | https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-index.xhtml |
Fase de concesión
Documentos da fase da convocatoria: | |
Fase de admisión
Documentos da fase da convocatoria: | |