Tipo | Recursos Humanos |
Organismo convocante | Universidade de Vigo |
Código | FPI_23 |
Data inicio solicitudes | 28/02/2024 |
Data fin solicitudes | 12/03/2024 |
Descripción | A presente convocatoria de axudas ten por obxecto seleccionar por concorrencia competitiva a persoas que estean a realizar a súa tese de doutoramento na Universidade de Vigo para que, en función da súa capacitación e formación, poidan converterse en novo persoal investigador en formación mediante a formalización dun contrato predoutoral asociado a un dos proxectos de investigación que obtivesen financiamento na convocatoria para o ano 2022 de axudas a «Proyectos de Generación de Conocimiento» e a actuacións para a formación de persoal investigador predoutoral. |
Requisitos |
- Estar matriculada nun programa de doutoramento da Universidade de Vigo a tempo completo no curso 2023/24 ou estar en disposición de matricularse na data de formalización do contrato. Nota: No caso da terceira convocatoria o requisito é estar en disposición de matricularse no curso 2024/25 na data de formalización do contrato.
- Non ter iniciada a súa formación predoutoral con financiamento doutras axudas destinadas á formación predoutoral a través do desenvolvemento dunha tese de doutoramento que se outorgasen no marco do Plan Estatal de Investigación, Científica e Técnica ou dalgún dos anteriores plans nacionais.
- Non posuír un título de doutora ou doutor.
|
Documentacion |
- Formulario de solicitude conforme ao anexo IV.
- Copia de pasaporte só para as persoas extracomunitarias que empreguen o procedemento excepcional sinalado no último parágrafo da base sexta.
- Copia das certificacións académicas das titulacións universitarias que se posúan ou das ensinananzas superadas na data de presentación da solicitude expedidas e facilitadas pola entidade académica correspondente na que consten as cualificacións obtidas.
- Equivalencia de notas medias de estudos universitarios realizados en centros estranxeiros debidamente asinada, só para o caso de títulos estranxeiros.
- Curriculum vitae abreviado conforme a modelo normalizado https://cvn.fecyt.es/ onde deben constar especificamente as achegas científico-técnicas e a mobilidade e internacionalización.
- Breve memoria onde se faga constar o proxecto de tese de dotoramento asinado pola persoa candidata e por quen dirixa ou vaia dirixir a tese.
- Declaración de estar ao corrente no cumprimento das obrigas tributarias ao fronte da Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento algunha outra débeda con ningunha Administración Pública.
Cada solicitude poderá referirse a máis dun proxecto de investigación sinalado no anexo II desta convocatoria, pero os proxectos sinalados deben corresponder á mesma área temática. |
Observacións | O formulario de solicitude xunto coa documentación exixida na base quinta da convocatoria debe ser presentada a través da sede electrónica da Universidade de Vigo no seguinte enderezo https://sede.uvigo.gal/ a través do procedemento «SINV-Axudas FPI», pulsando o botón «Iniciar tramitación».
De xeito excepcional para este procedemento, unicamente as persoas de nacionalidade extracomunitaria, poderán usar medios de acceso á sede electrónica alternativos, para o cal deberán iniciar o procedemento enviando un correo electrónico a estranxeiros@uvigo.gal antes de presentar a súa solicitude e con antelación suficiente ao día de peche do prazo de presentación. |
Silencio administrativo | Desestimatorio |
Ligazóns da convocatoria |
Convocatoria proxectos PID 2022: |
https://www.aei.gob.es/convocatorias/buscador-convocatorias/proyectos-generacion-conocimiento-2022 |
Taboleiro de convocatorias: |
https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-index.xhtml |
EURASEXX: |
https://euraxess.ec.europa.eu/jobs/250154 |