Secretaría Uvigo

Axudas á etapa predoutoral da Xunta de Galicia 2023_procedementos internos

TipoRecursos Humanos
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
CódigoPREDOU_XUNTA_23
Data inicio solicitudes21/07/2023
Data fin solicitudes02/08/2023
Descripción

Axudas destinadas ao apoio da etapa predoutoral para a contratación de persoas tituladas superiores para a súa formación co obxectivo da obtención do título de doutora ou doutor e a adquisición das competencias e habilidades relacionadas coa investigación dentro dun programa de doutoramento. 

A duración do contrato non poderá ser inferior a un ano nin exceder os catro. Se se concertase un
contrato de duración inferior a catro anos, poderá prorrogarse sucesivamente sen que, en ningún
caso, as prórrogas poidan ter unha duración inferior a un ano. Sen prexuízo do anterior, no suposto
de que a persoa investigadora xa estivese contratada baixo esta modalidade e o tempo que reste ata
o máximo de catro anos sexa inferior a un ano, poderá concertarse o contrato ou a súa prórroga polo
tempo que reste ata os catro anos.

Requisitos

Os sinalados no artigo 2.4 da convocatoria de axudas.

Documentacion

Prazo límite para presentar a declaración de intencións: 2 de agosto. 

Prazo límite para enviar a vicinva1@uvigo.gal a certificación de subvención do grupo ao que pertence a persoa que dirixe a tese: 4 de setembro. 

Prazo límite para compartir o borrador (e correo electrónico a seccion.rrhh.investigacion@uvigo.gal): 11 de setembro.

 

 

Observacións

Para poder presentar unha candidatura pola Universidade de Vigo, deben seguirse necesariamente as indicacións sinaladas no procedemento interno que se publicarán cando sexa posible e cumprirse os prazos internos.

Documentos da convocatoria
Ligazóns da convocatoria
Enlace á Secretaría Xeral de Universidades: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/40577
Sede electrónica solicitude: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED481A&ano=2023&numpub=1&lang=es

Xestión da axuda predoutoral_Documentos de apoio

Documentos da fase da convocatoria:
Atrás