Secretaría Uvigo

Novidades

Fin de actividade de Faitic - Claroline

O vindeiro curso 2022/2023 a plataforma de FaiTIC-Claroline deixará de estar operativa. Despois de case 20 anos de servizo, é unha plataforma obsoleta e con diversas carencias técnicas e funcionais polo que non se crearán espazos novos en Faitic para o curso 2022/2023.

Como xa saberás, desde o curso 2020/2021 está operativa a plataforma MooVi, albergando no curso 2021/2022 o 80% dos espazos docentes activos. MooVi será a plataforma institucional na que se crearán de oficio as materias do vindeiro curso.

Para axudarche no cambio de plataforma, queremos facerche unha serie de recomendacións:
1.    Actualmente non existe ningún sistema para importar nun único paso os materiais de FaiTIC-Claroline a MooVi, xa que son plataformas con formatos incompatibles. Non obstante, para axudar ao profesorado a pasar os contidos e as preguntas entre plataformas, tedes á vosa disposición unha ferramenta de exportación de preguntas e unhas guías de axuda. Tes a información na FAQ: Podo migrar os meus contidos de Claroline a MooVi?
2.    Se nunca traballaches con Moodle, deberías ir familiarizándote con esta plataforma. Podes solicitarnos a creación dun espazo de probas se non tes a túa materia creada en MooVi.
3.    No Servizo deseñamos un curso autoformativo (sen titorización) para o profesorado da UVigo que se inicia en Moodle. É un curso que ten carácter informativo e non se certifica como formación do profesorado. Se che interesa inscribirte, envía un correo a soporte.moovi@uvigo.es indicando o teu nº de DNI ou NIE.
4.    Tamén podes solicitar (antes de setembro) unha titoría presencial para coñecer MooVi ou resolver algunha dúbida.

IMPORTANTE: a partir de setembro do 2022, o acceso ao curso 2021/2022 e anteriores de FaiTIC só se poderá realizar desde os ordenadores conectados á rede interna da Universidade de Vigo.

Lembra que podes escribirnos a soporte.moovi@uvigo.es para aclarar calquera cuestión.

Atrás