Secretaría Uvigo

Novidades

Creación en MooVi das materias oficiais do curso 2023/2024

Xa está listo en MooVi o curso académico 2023/2024 que comeza oficialmente no mes de setembro. De momento só se deron de alta as materias oficiais de grao e máster co profesorado en POD. Ao igual que o curso pasado, estas materias creáronse de forma que estean ocultas para os estudantes (ver FAQ).

A partir deste curso SIGMA é o novo sistema de xestión académica da UVigo, polo que posiblemente te atopes con algunhas diferenzas respecto ao curso anterior. Unha delas ten que ver co cambio de códigos das titulacións oficiais.

MooVi está conectado con SIGMA, polo que os datos das materias, grupos, POD e alumnado son os que se sincronizan diariamente con esta aplicación. Cada profesor/a vai ver as materias correspondentes aos grupos nos que imparte docencia.

Ao mesmo tempo, SIGMA tamén está conectado con MooVi para o envío de cualificacións desde MooVi ás actas de SIGMA (este plugin activarase a primeiros de setembro de 2023).

As materias dos plans en extinción non se crearon en MooVi. Se desexas activar unha materia dun plan en extinción debes escribir a soporte.moovi@uvigo.gal indicando o código da materia.

As materias teñen o curso académico indicado diante do código da materia. É importante fixarse nisto para localizar correctamente a do curso actual. Por exemplo, a materia "Ética pública e transparencia" do curso 2023/2024 terá o código en MooVi: 2324-11429-20007-01.

Por último, lembrar que as materias créanse baleiras, pero podes incorporar os contidos doutra (por exemplo, do curso anterior), a través da opción "importar" (ver FAQ).

Calquera dúbida ou consulta, contacta con soporte.moovi@uvigo.gal

Atrás