Novidades
Debido ao peche do portal de FaiTIC, o profesorado que desexe solicitar os certificados de uso das antigas plataformas de FaiTIC pode facelo ata o 30 de xuño de 2023. A partir desa data non se emitirán máis certificados desta plataforma.
Para solicitar un certificado escribe a soporte.moovi@uvigo.es indicándonos o teu dni, nome completo, o(s) curso(s) académico(s) que solicitas e o enderezo da facultade ou escola na que desexas recibilos.
Co inicio do curso 2022/2023, o acceso a FaiTIC quedará restrinxido unicamente aos ordenadores conectados á rede fixa da Universidade de Vigo.
O acceso dende a rede da uvigo manterase uns meses máis co obxectivo de permitir que o profesorado descargue os contidos dos seus cursos.
O vindeiro curso 2022/2023 a plataforma de FaiTIC-Claroline deixará de estar operativa. Despois de case 20 anos de servizo, é unha plataforma obsoleta e con diversas carencias técnicas e funcionais polo que non se crearán espazos novos en Faitic para o curso 2022/2023.
Como xa saberás, desde o curso 2020/2021 está operativa a plataforma MooVi, albergando no curso 2021/2022 o 80% dos espazos docentes activos. MooVi será a plataforma institucional na que se crearán de oficio as materias do vindeiro curso.
Para axudarche no cambio de plataforma, queremos facerche unha serie de recomendacións:
1. Actualmente non existe ningún sistema para importar nun único paso os materiais de FaiTIC-Claroline a MooVi, xa que son plataformas con formatos incompatibles. Non obstante, para axudar ao profesorado a pasar os contidos e as preguntas entre plataformas, tedes á vosa disposición unha ferramenta de exportación de preguntas e unhas guías de axuda. Tes a información na FAQ: Podo migrar os meus contidos de Claroline a MooVi?
2. Se nunca traballaches con Moodle, deberías ir familiarizándote con esta plataforma. Podes solicitarnos a creación dun espazo de probas se non tes a túa materia creada en MooVi.
3. No Servizo deseñamos un curso autoformativo (sen titorización) para o profesorado da UVigo que se inicia en Moodle. É un curso que ten carácter informativo e non se certifica como formación do profesorado. Se che interesa inscribirte, envía un correo a soporte.moovi@uvigo.es indicando o teu nº de DNI ou NIE.
4. Tamén podes solicitar (antes de setembro) unha titoría presencial para coñecer MooVi ou resolver algunha dúbida.
IMPORTANTE: a partir de setembro do 2022, o acceso ao curso 2021/2022 e anteriores de FaiTIC só se poderá realizar desde os ordenadores conectados á rede interna da Universidade de Vigo.
Lembra que podes escribirnos a soporte.moovi@uvigo.es para aclarar calquera cuestión.
O profesorado xa ten dispoñible para descarga o informe da EAD do curso 2020/2021 na opción "Informes de avaliación docente" da páxina de inicio da súa Secretaría.
Poderanse enviar reclamacións ata o 30/11/2021.
Debido a un erro, non funcionaba a xestión de formularios/enquisas da Secretaría Online. Agora xa está corrixido.