Que preciso para traballar dende a casa?
Para o PDI
Necesitarás un ordenador ou un dispositivo móbil conectado a Internet. Posto que as aplicacións son vía web, non será necesaria a instalación de ningún software adicional.
Aplicacións de xestión
As aplicacións de xestión máis habituais están dispoñibles vía web:
- Secretaría virtual
- Secretaría virtual do PDI
- Pedidos, xustificantes
- Enquisas
- Certificados
- Etc.
- Xescampus
Labores docentes
- Plataforma de teledocencia MooVi
- Será a aplicación principal para a realización dos labores docentes e o medio máis sinxelo para contactar co estudantado matriculado na materia.
- Máis información nas FAQ: MooVi (Moodle 2022/2023)
- Videoconferencia
- Empregarase principalmente a ferrramenta Campus Remoto posta en marcha de maneira específica.
- Activarase mediante a petición do profesor ou profesora.
- Permite realizar videoconferencias, compartir presentacións e arquivos con múltiples usuarios e usuarias.
- As dúbidas canalizaranse a través do enderezo: tv@uvigo.es
Para o PAS
Será neceario un ordenador ou un dispositivo móbil conectado a Internet.
Aplicacións vía web
As seguintes aplicacións son vía web, polo que se poden empregar de forma habitual tanto dende a casa como dende a oficina:
- Secretaría virtual
- MUS
- Pedidos, xustificantes
- Vapel
- SUXI
- Etc.
- Xescampus
- Portafirmas
Aplicacións baixo VPN
Para o acceso ás seguintes aplicacións ou servizos é imprescindible configurar unha conexión segura (VPN) e deixar o PC da oficina encendido:
- Meta4 e-Mind
- Acceso á carpeta compartida común
- Servizos da rede Sara (Geiser, SCSP), SEF, Cividas
No caso de necesitar identificarse con certificado dixital nunha aplicación á que se accede por VPN pódese:
- Usar unha TARXETA con CERTIFICADO desde a CASA (require un lector de tarxetas).
- Usar un certificado persoal que xa estea instalado no PC da oficina.
- Usar un certificado persoal e exportalo ao PC do traballo coa axuda dos servizos informáticos.
- Usar o DNI electrónico desde a casa (require un lector).
ATENCIÓN: NON SERVE un lector de tarxetas e unha tarxeta conectada no PC do traballo