Secretaría Uvigo

Por que en "participantes" figura alumnado non matriculado co estatus "suspendido"?

O alumnado que figura con estatus "suspendido" é porque  nalgún momento estivo matriculado na materia e despois desmatriculouse. O alumnado "suspendido" non pode acceder á materia, nin recibe copia das mensaxes que se envíen desde o foro do novas (ou desde calquera outro foro con subscrición forzosa). 
O motivo de non borrar estes participantes é porque moitas veces fanse cambios na matrícula (incluso de xeito erróneo) e se borramos ao usuario da materia e ten feitas entregas, cualificacións asignadas etc. estaríamos borrando tamén eses datos.

Atrás