Secretaría Uvigo

Hai algún curso autoformativo para aprender o manexo básico de MooVi?

No Servizo deseñamos un curso autoformativo (sen titorización) para o profesorado da UVigo que se inicia en Moodle. Contén diversos vídeos e autoavaliacións para axudar a adquirir as destrezas necesarias no manexo básico da plataforma. Ao final de cada tema, hai un test (con intentos ilimitados) que se debe superar para poder visualizar o seguinte módulo. É un curso que ten carácter informativo e non se certifica como formación do profesorado.

Se che interesa inscribirte, envía un correo a soporte.moovi@uvigo.gal indicando o teu nº de DNI ou NIE.

Atrás