Secretaría Uvigo

Como consigo unha conta de correo da Universidade de Vigo?

Se traballas na Universidade de Vigo ou estás a estudar unha titulación oficial (grao, máster oficial, doutoramento) a túa conta de correo créase de forma automática. Só a terás que activar seguindo os seguintes pasos:

  1. Obtén a túa conta de usuario na secretaría virtual (se aínda non a tes): Na actualidade as contas de usuario da secretaría virtual créanse de forma automática para o estudantado, así que debería chegar con que solicites recuperar os teus datos de acceso.
  2. Activa a túa conta de correo: A partir das contas de usuario da secretaría virtual, as contas de correo persoais créanse de forma automática polas noites. Polo tanto, unha vez que teñas a túa conta de usuario da secretaría deberás agardar unhas horas e xa poderás activar a túa conta de correo e establecerlle un novo contrasinal. Neste primeiro login para activala deberás identificarte:
    • ou ben coas túas credenciais da Secretaría (punto 1)
    • ou ben con certificado dixital

 

FAQs relacionadas:

Atrás