Secretaría Uvigo

Teño instalada a app pero non aparece o meu expediente académico

A app da UVigo foi desenvolvida en colaboración coa Conferencia de Reitores das Universidades Españolas (CRUE) e Universia. Parte da infraestrutura tecnolóxica da aplicación está aloxada nos servidores de Universia.

Para poder consultar o teu expediente a través da app deberás permitir a cesión destes datos a Universia, que é quen os envía á app. A configuración realízase desde a sección "A miña conta" da túa Secretaría.

Atrás