Teño instalada a app pero non me aparece o meu expediente académico

A app da Uvigo foi desenvolvida en colaboración coa CRUE e Universia e parte da infraestrutura tecnolóxica está aloxada nos servidores de Universia.

Para poder consultar o teu expediente a través da app da Uvigo deberás permitir a cesión destes datos a Universia, que é quen os envía á app. Isto pódelo configurar dende a sección de "A miña conta" da túa Secretaría.

Atrás