Como accedo á conta de correo da Universidade de Vigo?
Mediante o webmail da Unversidade de Vigo poderás:
- Activar a túa conta de correo se é a primeira vez que a vas usar
- Recuperar a túa clave se a esqueceches
Para iso terás que:
- Coñecer os datos de acceso á túa secretaría online
- Conectarte ao webmail da Universidade de Vigo
- Premer na ligazón da columna da dereita ("Se tes a Tarxeta Universitaria e non coñeces...")
- Identificarte no sistema de identifiación centralizada da Universidade de Vigo mediante un dos seguintes métodos:
- Conta de correo (neste caso é imposible porque non coñeces a clave)
- NIU - Datos de acceso á secretaría virtual (documento de identidade + NIU + clave de acceso da secretaría virtual)
- Certificado dixital
Dispós tamén dun manual no que se che expplica paso a paso como establecer unha nova clave á túa conta de correo.