Nas dúas primeiras semanas de clase, todas as persoas matriculadas deberán cubrir os seus datos persoais na plataforma de teledocencia e subir unha foto (primeiro plano, recoñecible). Non se avaliará ningunha persoa que non cubra eses datos e suba unha foto. Tanto na modalidade de avaliación continua como na modalidade de avaliación única os exames poderán realizarse a través da plataforma de teledocencia Moovi (https://moovi.uvigo.gal/) ou da plataforma de exames BeA (https://bea.det.uvigo.es). Para ter dereito á avaliación continua e a unha cualificación final, o alumnado deberá participar en todas as actividades previstas na materia, tanto na clase presencial como a través da plataforma de teledocencia. Nas distintas probas propostas será imprescindible responder todas as preguntas. Salvo que se indique outra cousa, pódese responder en calquera das dúas linguas de traballo da materia. Con respecto á corrección dos exames e exercicios, cómpre sinalar que se lle prestará unha especial atención ó dominio das normas ortográficas e morfolóxicas da lingua española. Tres erros ortotipográficos ou morfosintácticos invalidarán calquera exame ou exercicio. Ademáis, esta materia defende e promove o uso da linguaxe inclusiva, que será obxecto de explicación, análise e avaliación. A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame suporá un cero nesa proba. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o alumnado da súa responsabilidade neste aspecto. Nos exames permitirase o uso de dicionarios, apuntamentos, ordenador con conexión a internet e outros materiais nas preguntas prácticas pero non nas teóricas. No caso do alumnado que non se acolla á avaliación continua, deberá realizar un único exame na data fixada no calendario ofical da facultade. O exame terá unha parte práctica (traducción- 80% nota) e unha parte teórica (análise textual - 20%). Haberá que contestar as dúas prtes obrigatoriamente. O exame, obrigatorio para todo o alumnado, realizarase na data fixada no calendario oficial da facultade. Na convocatoria de xullo o alumnado deberá realizar un único exame na data fixada pola facultade.O exame terá unha parte práctica (traducción- 80% nota) e unha parte teórica (análise textual - 20%). Haberá que contestar as dúas prtes obrigatoriamente. . |