Guia docente 2020_21
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 2, I: Inglés-Español
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Resolución de problemas de forma autónoma Avaliarase a resolución dos problemas e exercicios desenvoltos de forma autónoma e expostos nas sesións presenciais. 5 CE2
CE3
CE4
CE8
CE17
CT6
CT7
CT22
Traballo tutelado Avaliaranse conxuntamente os exercicios que se desenvolverán na propia aula e as prácticas autónomas a través de TIC. 5 CE2
CE3
CE4
CE8
CE17
CT6
CT7
CT22
Proxecto Realizarase un proxecto que consistirá nunha encomenda de tradución con comentario traductolóxico don texto instructivo.
Semana 9 de clase aproximadamente.
30 CE2
CE8
CE17
CT7
Exame de preguntas de desenvolvemento O exame consistirá nunha tradución con consulta de recursos (30%) e varios exercicios/preguntas sobre os contidos teóricos vistos nas clases maxistrais e nas lecturas obrigatorias (30%).
DATAS:
Teoría: na data da proba de evaluación única do calendario de exames aprobado en Xunta de Facultade.
Práctica: semana 13 de clase aproximadamente.
60 CE2
CE3
CE4
CE8
CE17
CT6
CT7
CT22
 
Outros comentarios sobre a Avaliación


Nas dúas primeiras semanas de clase, todos os alumnos deberán cubrir os seus datos persoais en Faitic e subir unha foto (primeiro plano, reconocible). Non se avaliará ningún alumno que non cubra eses datos e suba unha foto. 

Avaliación continua:

Aquelas persoas que por motivos de traballo ou familiares non poidan asistir ás clases, deben comunicalo persoalmente (nas dúas primeiras semanas de clase) á profesora para que esta tome as medidas compensatorias para facilitar a conciliación laboral e familiar.

A avaliación continua é a modalidade de ensinanza recomendada para a materia e implica a entrega dos exercicios/tarefas indicados ao longo do curso. Se algunha persoa non pode cumprir nalgún momento esta condición, pasará automáticamente a avaliación única.  Optar pola opción de avaliación continua implica a renuncia á avaliación única.

Copiar doutro alumno ou dunha terceira persoa nun encargo ou nun exame suporá un suspenso automático, e ademais a posible apertura dun expediente contra o alumno.

Ao longo de toda a avaliación se penalizará a copia e o plaxio. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá ao alumnado da súa responsabilidade neste aspecto.

Con independencia do contido do exame, non se aprobará un exame, proxecto, ou traballo se contén máis de 3 faltas de orotgrafía.

O alumnado que se acolla á avaliación continua e obteña unha  calificación de suspenso deberá presentarse á convocatoria  extraordinaria de xullo na data de exame publicada polo decanato. Nese caso, se lle manterá a nota da/s parte/s que aprobe na primeira convocatoria no exame de xullo.

Avaliación única: 

O alumnado que non se acolla á modalidade de avaliación continua poderá acollerse á avaliación única. Neste caso, a avaliación se realizará por medio dunha proba consistente nun exame (parte práctica 35% + parte teórica 35%), que terá lugar na data de exame oficial publicada polo Decanato, e da entrega dun proxecto (tradución e comentario traductolóxico 30%). De non superar a materia nesta primeira edición de actas, disporase dunha segunda oportunidade en xullo (2ª edición de actas). Para superar a materia por avaliación única é necesario aprobar as tres probas (práctica, teoría e proxecto).

Como material de apoio para a parte práctica do exame poderase levar todo tipo de obras de consulta en formato papel. Na parte teórica, prohibirase a consulta de material. Os exercicios do exame realizaranse en papel. 

Penalizarase a copia e o plaxio. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá ao alumnado da súa responsabilidade neste aspecto.

Copiar doutro alumno ou dunha terceira persoa nun encargo ou nun exame suporá un suspenso automático, e ademais a posible apertura dun expediente contra o alumno.

Con independencia do contido, non se aprobará un exame si contén máis de 3 faltas de ortografía . 

É responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades a través da plataforma  de teledocencia Faitic, así como estar ao tanto das datas nas que teñen lugar as probas de avaliación.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000