Voluntariado educando no tempo libre no Grupo Scout Ilex 695
Nombre | Voluntariado educando no tempo libre no Grupo Scout Ilex 695 |
Objetivo general | Educar na liberdade, a xustiza, a solidariedade e a responsabilidade persoal e comunitaria, no marco da convivencia, o respecto e o servizo. |
Objetivo especifico | Lograr que os rapaces e rapazas socialicen, estimulando a súa autoestima e autonomía. |
Entidad promotora | ASOCIACION GRUPO SCOUT ILEX |
Fecha inicio | 12/12/2019 |
fecha fin | 23/09/2022 |
Personas destinatarias | |
Infancia Xuventude |
|
Descrición da actividade voluntaria | |
Perfil voluntariado | - Compartir os contidos da nosa misión, visión e valores. - Dispor de motivación e tempo para participar dun xeito regular (requírese unha media de 2 tardes de sábado ao mes) nas actividades cos menores e para as reunións da equipa voluntaria. - Interese e sensibilidade para o traballo con menores e amosar unha actitude positiva e solidaria. - Aínda que non é imprescindible valóranse as titulacións relacionadas co tempo libre ou a educación (animador/a sociocultural, monitor/a de tempo libre, director/a, TASOC, TAFAD, Educador/a Social, Mestre/a, Integrador/a Social, etc. |
Funciones voluntariado | Funcións como monitor/a educador/a nas seccións educativo e/ou apoio en labores loxísticas e organizativas. 1. Programar e desenvolver actividades de educación no tempo libre a partir da metodoloxía scout nas tardes dos sábados e durante as vacacións escolares en campamentos. 2. Acompañar e guiar aos menores participantes, contribuíndo ao seu desenvolvemento e crecemento persoal. 3. Participar da organización de actividades cuxo fin é a posta en valor do patrimonio material e inmaterial galego, facendo especial fincapé no coidado do medio ambiente. |
Actividades | As actividades que se realizan na asociación coas persoas beneficiarias son, entre outras, as seguintes: - Talleres de educación en igualdade, afectivo-sexual, alimentación sa, toma de decisións, etc. - Rutas e actividades de técnica (orientación, primeiros auxilios, construcións, etc.). - Dinámicas de cohesión grupal, grandes xogos e xogos en pequeno grupo. - Dinámicas de seguimento das persoas participantes: autoavaliación, avaliación e progresión persoal. etc. |
Tiene contacto con menores | Si |
Tiempo dedicacion | Aproximadamente unhas 4 horas á semana en programación, preparación e desenvolvemento e avaliación das actividades. |
Lugar realizacion | Rúa Pena Trevinca, 32 baixo - 32005 Ourense (usualmente). As actividades puntuais e campamento desenvólvense noutras localizacións que se establecen en cada caso previamente na súa programación. |
Observaciones | |
Coordinadores | |
Xulio López Pérez: |