Secretaría Uvigo

Voluntariado educando no tempo libre no Grupo Scout Ilex 695

NomeVoluntariado educando no tempo libre no Grupo Scout Ilex 695
Obxectivo xeralEducar na liberdade, a xustiza, a solidariedade e a responsabilidade persoal e comunitaria, no marco da convivencia, o respecto e o servizo.
Obxectivo específicoLograr que os rapaces e rapazas socialicen, estimulando a súa autoestima e autonomía.
Entidade promotoraASOCIACION GRUPO SCOUT ILEX
Data inicio12/12/2019
Data fin 23/09/2022
Persoas destinatarias
Infancia
Xuventude
Descrición da actividade voluntaria
Perfil voluntariado- Compartir os contidos da nosa misión, visión e valores.
- Dispor de motivación e tempo para participar dun xeito regular (requírese unha media de 2 tardes de sábado ao mes) nas actividades cos menores e para as reunións da equipa voluntaria.
- Interese e sensibilidade para o traballo con menores e amosar unha actitude positiva e solidaria.
- Aínda que non é imprescindible valóranse as titulacións relacionadas co tempo libre ou a educación (animador/a sociocultural, monitor/a de tempo libre, director/a, TASOC, TAFAD, Educador/a Social, Mestre/a, Integrador/a Social, etc.
Funcións voluntariadoFuncións como monitor/a educador/a nas seccións educativo e/ou apoio en labores loxísticas e organizativas.
1. Programar e desenvolver actividades de educación no tempo libre a partir da metodoloxía scout nas tardes dos sábados e durante as vacacións escolares en campamentos.
2. Acompañar e guiar aos menores participantes, contribuíndo ao seu desenvolvemento e crecemento persoal.
3. Participar da organización de actividades cuxo fin é a posta en valor do patrimonio material e inmaterial galego, facendo especial fincapé no coidado do medio ambiente.
ActividadesAs actividades que se realizan na asociación coas persoas beneficiarias son, entre outras, as seguintes:
- Talleres de educación en igualdade, afectivo-sexual, alimentación sa, toma de decisións, etc.
- Rutas e actividades de técnica (orientación, primeiros auxilios, construcións, etc.).
- Dinámicas de cohesión grupal, grandes xogos e xogos en pequeno grupo.
- Dinámicas de seguimento das persoas participantes: autoavaliación, avaliación e progresión persoal.
etc.
Ten contacto con menoresSi
Tempo adicaciónAproximadamente unhas 4 horas á semana en programación, preparación e desenvolvemento e avaliación das actividades.
Lugar realizaciónRúa Pena Trevinca, 32 baixo - 32005 Ourense (usualmente). As actividades puntuais e campamento desenvólvense noutras localizacións que se establecen en cada caso previamente na súa programación.
Observacións
Coordinadores

Xulio López Pérez:
649752351 / ilex695@scout.es
Tardes a partir das 16:30 horas. Previa cita.