Campañas cadeas de alimentación
| Nome | Campañas cadeas de alimentación |
| Obxectivo xeral | Colaborar nas campañas anuais das cadeas de alimentación de ámbito nacional e autonómico nos puntos locais da cidade de Ourense. |
| Obxectivo específico | Segundo horario a convir, prestar colaboración nos supermercados informando da campaña e captando os alimentos doados que posteriormente se levan ao Banco de Alimentos de Ourense para entregar ás entidades de reparto e consumo de toda a provincia de Ourense. |
| Entidade promotora | ASOCIACION BANCO DE ALIMENTOS DE OURENSE |
| Data inicio | 03/12/2019 |
| Data fin | 25/11/2027 |
| Persoas destinatarias | |
|
Poboación en protección ou en risco de exclusión social |
|
| Descrición da actividade voluntaria | |
| Perfil voluntariado | Maior de idade con dispoñibilidade os días da campaña segundo horario do supermercado. |
| Funcións voluntariado | Información da campaña e colocación de alimentos no supermercado. |
| Actividades | - Informar sobre a campaña que se está levando a cabo, así como dos alimentos de primeira necesidade, e agradecendo as doazóns. - Colocar os alimentos que dan as persoas usuarias do supermercado nos box e carros habilitados para eles. Poderá estar soa ou ben acompañada por outras persoas voluntarias que se anoten para a mesma quenda e supermercado, dado que os grupos mínimos de participación son de 2 persoas voluntarias por quenda e punto de recollida, pero dependerá do número de persoas anotadas para participar, así como da dispoñibilidade de cada persoa voluntaria. |
| Ten contacto con menores | Non |
| Tempo adicación | Segundo dispoñibilidade das persoas voluntarias. |
| Lugar realización | Supermercados da cidade de Ourense |
| Observacións | Non hai horarios obrigatorios, todo é baixo a dispoñibilidades e responsabilidade da persoa voluntaria dentro das datas en que se realizan as campañas, pero deben respectar a actividade e non se poden levar os alimentos doados. |
| Coordinadores | |
|
Natalia González Valencia: María Jesús Fernández Linares: |
|