Secretaría Uvigo

Campañas cadeas de alimentación

NomeCampañas cadeas de alimentación
Obxectivo xeralColaborar nas campañas anuais das cadeas de alimentación de ámbito nacional e autonómico nos puntos locais da cidade de Ourense.
Obxectivo específicoSegundo horario a convir, prestar colaboración nos supermercados informando da campaña e captando os alimentos doados que posteriormente se levan ao Banco de Alimentos de Ourense para entregar ás entidades de reparto e consumo de toda a provincia de Ourense.
Entidade promotoraASOCIACION BANCO DE ALIMENTOS DE OURENSE
Data inicio03/12/2019
Data fin 25/11/2027
Persoas destinatarias
Poboación en protección ou en risco de exclusión social
Descrición da actividade voluntaria
Perfil voluntariadoMaior de idade con dispoñibilidade os días da campaña segundo horario do supermercado.
Funcións voluntariadoInformación da campaña e colocación de alimentos no supermercado.
Actividades- Informar sobre a campaña que se está levando a cabo, así como dos alimentos de primeira necesidade, e agradecendo as doazóns.
- Colocar os alimentos que dan as persoas usuarias do supermercado nos box e carros habilitados para eles. Poderá estar soa ou ben acompañada por outras persoas voluntarias que se anoten para a mesma quenda e supermercado, dado que os grupos mínimos de participación son de 2 persoas voluntarias por quenda e punto de recollida, pero dependerá do número de persoas anotadas para participar, así como da dispoñibilidade de cada persoa voluntaria.
Ten contacto con menoresNon
Tempo adicaciónSegundo dispoñibilidade das persoas voluntarias.
Lugar realizaciónSupermercados da cidade de Ourense
ObservaciónsNon hai horarios obrigatorios, todo é baixo a dispoñibilidades e responsabilidade da persoa voluntaria dentro das datas en que se realizan as campañas, pero deben respectar a actividade e non se poden levar os alimentos doados.
Coordinadores

Natalia González Valencia:
988242344 / bancodealimentosourense@yahoo.es
De 9:00 a 15:00 horas.

María Jesús Fernández Linares:
604024337 / voluntariosourense@yahoo.es
De 11:00 a 15:00 horas.