Voluntariado en ASPANAS - Asociación de pais e nais a favor das persoas con discapacidade intelectual da provincia de Ourense
Nombre | Voluntariado en ASPANAS - Asociación de pais e nais a favor das persoas con discapacidade intelectual da provincia de Ourense |
Objetivo general | Mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual, fomentando a súa autonomía. |
Objetivo especifico | A través do programa de voluntariado queremos que a persoa voluntaria nos aporte entusiasmo, motivación, … que compartan vivencias e sexa unha experiencia enriquecedora para ambas partes. Con isto o que queremos e que a persoa voluntaria contribuía a conseguir o obxectivo da entidade. |
Entidad promotora | ASPANAS |
Fecha inicio | 12/11/2019 |
fecha fin | 03/11/2027 |
Personas destinatarias | |
Persoas con diversidade funcional e/ou intelectual |
|
Descrición da actividade voluntaria | |
Perfil voluntariado | Non é necesario que a persoa voluntaria teña unha formación ou coñecementos sobre a discapacidade; posto que a entidade, a través do programa de voluntariado e da persoa responsable do mesmo facilitaralle toda a formación necesaria a través de metodoloxías, protocolos e reunións semanais, así como unha formación continuada co persoal co que compartirá actividade. |
Funciones voluntariado | Apoio ao profesional da entidade na realización de actividades lúdicas e deportivas que se leven a cabo na entidade. A persoa voluntaria nunca estará sola, sempre estará acompañada por os profesionais do centro. |
Actividades | 1. Centro ocupacional: actividades deportivas (ximnasia, adestramentos, clases de natación). 2. Centro Residencial de luns a venres: actividades lúdico-deportivas realizadas dentro do centro (teatro, terapia asistida con cans, elaboración de periódico....). 3. Centro Residencial de fin de semana: actividades de ocio e deportivas levadas a cabo fora do centro (excursións, cine, campionatos deportivos, campamentos de verán....). |
Tiene contacto con menores | Non |
Tiempo dedicacion | As persoas voluntarias dedicarán o tempo do que elas dispoñan, serán as que decidan en que franxa horaria desexan realizar voluntariado e en que actividade desexan participar. Dende a entidade aconsellamos que na primeira toma de contacto veñen unha vez á semana 2 - 3 horas para que se vaian familiarizando co centro e dependendo da persoa voluntaria ampliaranse os días ou as horas. A persoa voluntaria será quen estableza o horario que quere levar a cabo as súas funcións, dende a entidade facilitamos flexibilidade de horario, o único que requirimos e o compromiso co mesmo. |
Lugar realizacion | Aspanas: rúa Juan Fernández de Gres, 13 - 32960 Velle - Ourense. Dirección Lonia - rotonda velle - Ao chegar ao mirador de velle coller a man esquerda, pasar os edificios de Fenosa. |
Observaciones | Todos os postos están cubertos por profesionais do centro; a persoa voluntaria sería unha figura de apoio nos servizos no que decida colaborar, será a persoa voluntaria a que decida en que colaborar dependendo do horario dispoñible que teña para a realización de voluntariado. |
Coordinadores | |
Lorena Amosa Cerviño: |