Apoio e reforzo escolar
| Nome | Apoio e reforzo escolar |
| Obxectivo xeral | Apoio educativo a menores e mocidade en risco de exclusión social que precisan dun reforzo escolar diario ou nas materias con mais dificultade. |
| Obxectivo específico | 1- Acompañamento e apoio na realización dos deberes. 2- Mellorar o rendemento escolar dos menores. 3- Proporcionar habilidades e estratexias para o estudo. 4 - Habilitar momentos de encontro entre menores con dificultades no estudo e novos estudantes universitarios cunha traxectoria formativa definida. |
| Entidade promotora | ALDEAS INFANTILES SOS GALICIA |
| Data inicio | 15/11/2019 |
| Data fin | 13/11/2027 |
| Persoas destinatarias | |
|
Infancia Xuventude |
|
| Descrición da actividade voluntaria | |
| Perfil voluntariado | - Coñecemento das materias sobre as que se realizará o apoio escolar. - Dispoñibilidade. - Responsabilidade e compromiso. - Resistencia á frustración. - Tolerancia e respecto ás diferentes formas de pensar, estilo de vida e culturas. - Capacidade para facer fronte a situación novas. - Estabilidade emocional. |
| Funcións voluntariado | 1. Apoiar aos menores na realización das súas tarefas escolares. 2. Axudar á persoa educadora para prestar unha atención máis individualizada e personalizada a cada menor durante o curso escolar ou en vacacións escolares. |
| Actividades | 1- Acompañar ao menor na realización dos deberes. 2- Axuda ao menor se ten dificultades para planificar o seu estudo. 3- Ensinar ferramentas de estudo. 4 - Reforzar ao menor naqueles contidos que sexan máis complicados e resolva as dúbidas que poida ter. |
| Ten contacto con menores | Si |
| Tempo adicación | Polo xeral adoitan ser 1 ou 2 tardes á semana en sesións de hora e media ou dúas horas. O tempo de dedicación ás actividades depende da temporalidade das mesmas que varía en función das necesidades e da dispoñibilidade horaria da persoa voluntaria. |
| Lugar realización | Instalacións físicas onde se desenvolven os diferentes programas da entidade: Vigo, Redondela e Ponteareas. |
| Observacións | Normalmente o período de realización das actividades coincide co período escolar e en vacacións de verán. |
| Coordinadores | |
|
Irene Turanzas Blanco: |
|