Secretaría Uvigo

Apoio e reforzo escolar

NombreApoio e reforzo escolar
Objetivo generalApoio educativo a menores e mocidade en risco de exclusión social que precisan dun reforzo escolar diario ou nas materias con mais dificultade.
Objetivo especifico1- Acompañamento e apoio na realización dos deberes.
2- Mellorar o rendemento escolar dos menores.
3- Proporcionar habilidades e estratexias para o estudo.
4 - Habilitar momentos de encontro entre menores con dificultades no estudo e novos estudantes universitarios cunha traxectoria formativa definida.
Entidad promotoraALDEAS INFANTILES SOS GALICIA
Fecha inicio15/11/2019
fecha fin 13/11/2027
Personas destinatarias
Infancia
Xuventude
Descrición da actividade voluntaria
Perfil voluntariado- Coñecemento das materias sobre as que se realizará o apoio escolar.
- Dispoñibilidade.
- Responsabilidade e compromiso.
- Resistencia á frustración.
- Tolerancia e respecto ás diferentes formas de pensar, estilo de vida e culturas.
- Capacidade para facer fronte a situación novas.
- Estabilidade emocional.
Funciones voluntariado1. Apoiar aos menores na realización das súas tarefas escolares.
2. Axudar á persoa educadora para prestar unha atención máis individualizada e personalizada a cada menor durante o curso escolar ou en vacacións escolares.
Actividades1- Acompañar ao menor na realización dos deberes.
2- Axuda ao menor se ten dificultades para planificar o seu estudo.
3- Ensinar ferramentas de estudo.
4 - Reforzar ao menor naqueles contidos que sexan máis complicados e resolva as dúbidas que poida ter.
Tiene contacto con menoresSi
Tiempo dedicacionPolo xeral adoitan ser 1 ou 2 tardes á semana en sesións de hora e media ou dúas horas.
O tempo de dedicación ás actividades depende da temporalidade das mesmas que varía en función das necesidades e da dispoñibilidade horaria da persoa voluntaria.
Lugar realizacionInstalacións físicas onde se desenvolven os diferentes programas da entidade: Vigo, Redondela e Ponteareas.
ObservacionesNormalmente o período de realización das actividades coincide co período escolar e en vacacións de verán.
Coordinadores

Irene Turanzas Blanco:
648283971 / voluntariadogalicia@aldeasinfantiles.es
- Mañás de luns a venres de 8:30 a 14:30 - Tardes de luns a xoves de 15:30 a 18:00 horas