Secretaría Uvigo

Acompañamento afectivo a persoas maiores en Vigo

NomeAcompañamento afectivo a persoas maiores en Vigo
Obxectivo xeralPrevir e abordar a soidade das persoas maiores mediante a creación de vínculos de veciñanza, apoio mutuo e amizade, mentres que sensibilizamos á sociedade.
Obxectivo específico-Favorecer a creación de vínculos, que permitan o establecemento de relacións humanas mantidas no tempo.
-Limitar as consecuencias negativas da soidade non desexada, mediante o contacto continuado coa persoa maior.
-Mellorar o contacto coa contorna da persoa maior, favorecendo a súa
participación no mesmo
Entidade promotoraFundación Grandes Amigos en Acción
Data inicio10/04/2023
Data fin
Persoas destinatarias
Terceira idade
Descrición da actividade voluntaria
Perfil voluntariadoPersoas maiores de 18 anos sensibilizadas coa soidade das persoas maiores, que residan preferentemente en Vigo e que queiran formar parte dun equipo de voluntariado para realizar actividades de acompañamento de persoas maiores que senten soidade, co fin de ofrecerlles a compañía e o apoio emocional que precisan.
Funcións voluntariadoAcompañamento afectivo a persoas maiores en situación de soidade en domicilio ou residencia
ActividadesA persoa voluntaria sempre terá de referencia á responsable de desenvolvemento social de zona.
-O acompañamento afectivo consistirá nunha visita semanal de 2 horas. A persoa maior e a voluntaria xuntaranse para gozar dunha boa conversa, compartir un café, saír a pasear ou o que ambas queiran, co obxectivo de que, pouco a pouco, vaia xurdindo un vínculo afectivo onde a amizade e a confianza fagan esquecer a diferenza de idade.
A persoa voluntaria sempre terá de referencia á responsable de desenvolvemento social de zona.
O acompañamento afectivo consistirá nunha visita semanal de 2 horas. A persoa maior e a voluntaria xuntaranse para gozar dunha boa conversa, compartir un café, saír a pasear ou o que ambas queiran, co obxectivo de que, pouco a pouco, vaia xurdindo un vínculo afectivo onde a amizade e a confianza fagan esquecer a diferenza de idade.
Ademais, a persoa voluntaria poderá coñecer a outras voluntarias e persoas maiores que participan en Grandes Amigos e gozar das actividades de lecer e socialización que se organizan dende a entidade e por iniciativa propia das persoas voluntarias.
Ten contacto con menoresNon
Tempo adicación2 horas semanais
Lugar realizaciónExclusivamente na cidade de Vigo: no domicilio, residencia ou na rúa da persoa maior.
Observacións
Coordinadores

Mar Fornos Rivas:
886127181 / vigo@grandesamigos.org
De luns a venres de 9:30 a 15:30 horas

Olalla Álvarez Cobián:
650182456 / olalla@grandesamigos.org
De luns a venres de 10:00 a 14:00 horas