Fabricantes de paz
| Nome | Fabricantes de paz |
| Obxectivo xeral | Promover a prevención de novos delitos a través de novos aprendizaxes por parte das familias das persoas infractoras. |
| Obxectivo específico | Ofrecer un espazo para familiares de persoas que cometeron delitos no que se poidan desafogar e ser escoitas sen ser xulgados. Crear redes de apoio entre persoas afectadas indirectamente polo delito. |
| Entidade promotora | Confraternidad Carcelaria de España |
| Data inicio | 18/01/2023 |
| Data fin | 16/03/2026 |
| Persoas destinatarias | |
|
Poboación en protección ou en risco de exclusión social Poboación en xeral |
|
| Descrición da actividade voluntaria | |
| Perfil voluntariado | En canto á formación académica non precisamos un perfil concreto. O máis importante é a empatía e a sensibilidade co medio penal. |
| Funcións voluntariado | Comprometerse a gardar a confidencialidade durante todo o programa. Asistir á formación previa no programa impartida pola “Confraternidad Carcelaria de España” (CONCAES) en formato online, asistir ás reunións semanais ou quincenais de organización das sesións, ler o material e amosar as dudas que teñan e facilitar a parte das sesións que lle tocase co resto do persoal voluntario e persoal da "Confraternidad Carcelaria de España" (CONCAES). |
| Actividades | O programa ten unha duración total de 5 sesións. Comeza cunha actividade de cohesión grupal, despois se levan a cabo chuvias de ideas sobre os conceptos da sesión, (por exemplo, que é o perdón), reflexións e debates dirixidos. Ao peche da sesión se fai un pequeno resumo dos conceptos traballados e rematan dicindo unha palabra sobre como se sentiron durante a sesión. Na primeira e na derradeira sesión se fan, ademais, entrevistas e cuestionarios individuais. Na cuarta sesión se lles invita a escribir unha carta aos seus familiares que cometeron o delito na que poden expresar como se sentiron con mesmo. Na quinta e derradeira sesión se invita a facer una reunión conxunta dos familiares coas persoas privadas de liberdade, se o centro penal o autoriza. |
| Ten contacto con menores | Non |
| Tempo adicación | As sesións coas persoas participantes duran 4 horas aproximadamente e previamente as sesións se poderán facer reunións de organización das mesmas cunha duración máxima de 30 minutos. |
| Lugar realización | Centro penal Pereiro de Aguiar (Ourense) Centro penal A Lama (Pontevedra) |
| Observacións | |
| Coordinadores | |
|
Alejandro Esteban Cebollero: Pilar Vázquez Iglesias: |
|