Secretaría Uvigo

Fabricantes de paz

NomeFabricantes de paz
Obxectivo xeralPromover a prevención de novos delitos a través de novos aprendizaxes por parte das familias das persoas infractoras.
Obxectivo específicoOfrecer un espazo para familiares de persoas que cometeron delitos no que se poidan desafogar e ser escoitas sen ser xulgados. Crear redes de apoio entre persoas afectadas indirectamente polo delito.
Entidade promotoraConfraternidad Carcelaria de España
Data inicio18/01/2023
Data fin
Persoas destinatarias
Poboación en protección ou en risco de exclusión social
Poboación en xeral
Descrición da actividade voluntaria
Perfil voluntariadoEn canto á formación académica non precisamos un perfil concreto. O máis importante é a empatía e a sensibilidade co medio penal.
Funcións voluntariadoComprometerse a gardar a confidencialidade durante todo o programa. Asistir á formación previa no programa impartida pola “Confraternidad Carcelaria de España” (CONCAES) en formato online, asistir ás reunións semanais ou quincenais de organización das sesións, ler o material e amosar as dudas que teñan e facilitar a parte das sesións que lle tocase co resto do persoal voluntario e persoal da "Confraternidad Carcelaria de España" (CONCAES).
ActividadesO programa ten unha duración total de 5 sesións. Comeza cunha actividade de cohesión grupal, despois se levan a cabo chuvias de ideas sobre os conceptos da sesión, (por exemplo, que é o perdón), reflexións e debates dirixidos. Ao peche da sesión se fai un pequeno resumo dos conceptos traballados e rematan dicindo unha palabra sobre como se sentiron durante a sesión. Na primeira e na derradeira sesión se fan, ademais, entrevistas e cuestionarios individuais. Na cuarta sesión se lles invita a escribir unha carta aos seus familiares que cometeron o delito na que poden expresar como se sentiron con mesmo. Na quinta e derradeira sesión se invita a facer una reunión conxunta dos familiares coas persoas privadas de liberdade, se o centro penal o autoriza.
Ten contacto con menoresNon
Tempo adicaciónAs sesións coas persoas participantes duran 4 horas aproximadamente e previamente as sesións se poderán facer reunións de organización das mesmas cunha duración máxima de 30 minutos.
Lugar realizaciónCentro penal Pereiro de Aguiar (Ourense)
Centro penal A Lama (Pontevedra)
Observacións
Coordinadores

Alejandro Esteban Cebollero:
648978901 / concaesvoluntari@gmail.com
luns a venres de 9:30 a 13:30

Pilar Vázquez Iglesias:
605071727 / galicia@concaes.com
Luns e mércores de 9:00 a 14:00.