Diálogos restaurativos
Nome | Diálogos restaurativos |
Obxectivo xeral | Diálogos restaurativos é un programa de Xustiza Restaurativa que se realiza con persoas penadas. Reúne a vítimas (ou representantes da comunidade) e persoas infractoras non relacionadas para discutir o delito e o seu impacto. |
Obxectivo específico | 1. Facilitar o dereito das vítimas a ser informadas, escoitadas e reparadas nas súas necesidades. 2. Crear un ambiente de diálogo entre as persoas participantes baseado no respecto, a confidencialidade e a escoita activa. 3. Sensibilizar ás persoas infractoras para previr a reincidencia. |
Entidade promotora | Confraternidad Carcelaria de España |
Data inicio | 18/01/2023 |
Data fin | 16/03/2026 |
Persoas destinatarias | |
Poboación en protección ou en risco de exclusión social Poboación en xeral |
|
Descrición da actividade voluntaria | |
Perfil voluntariado | En canto á formación académica non precisamos un perfil concreto. O máis importante é a empatía e a sensibilidade co medio penal. |
Funcións voluntariado | Comprometerse a gardar a confidencialidade durante todo o programa. Asistir á formación previa no programa impartida pola "Confraternidad Carcelaria de España" (CONCAES) en formato online, asistir ás reunións semanais ou quincenais de organización das sesións, ler o material e amosar as dúbidas que teñan e facilitar a parte das sesións que lle tocase co resto das persoas voluntarias e persoal da "Confraternidad Carcelaria de España" (CONCAES). |
Actividades | O programa ten unha duración total de 10 sesións, se ven cando rematamos un tratamos de ter datas para facer o seguinte. O persoal voluntario pode comprometerse a facer unha edición do programa e logo indicar se quere participar na seguinte no transcurso da primeira. Se empeza cunha actividade de cohesión grupal, despois se levan a cabo chuvias de ideas sobre os conceptos da sesión, (por exemplo, que é a responsabilidade), reflexións e debates dirixidos. Ao peche da sesión se fai un pequeno resumo dos conceptos traballados e rematan dicindo unha palabra sobre como se sentiron durante a sesión. Na primeira e na derradeira sesión se fan, ademais, entrevistas e cuestionarios individuais nos que se pregunta sobre como se senten respecto ao delito (grao de arrepentimento, responsabilidade, quen pensan que son as persoas afectadas, etc.). Cara a segunda metade do programa se fan algunhas actividades encamiñadas a que os e as penados e penadas busquen formas de reparar as súas vítimas. Na maioría dos casos escriben unha carta de perdón de forma simbólica (que non se entrega ás vítimas) e nalgún caso levan a cabo outra actividade. |
Ten contacto con menores | Non |
Tempo adicación | Despois da formación online será preciso dedicarlle 3 ou 4 horas para cada sesión do programa. (3 no centro penal e 4 no centro de inserción social) e uns 20 minutos por videochamada para organizar a sesión antes da mesma. |
Lugar realización | O programa pode levarse a cabo nos seguintes centros, en función da proximidade das persoas voluntarias: - Centro de inserción social Carmen Avendaño (Vigo) - Centro penal a Lama (Pontevedra) - Centro penal Pereiro de Aguiar (Ourense) |
Observacións | Estas reunións son facilitadas por 2 voluntarios/as en cada centro, seguimento da persoa coordinadora da "Confraternidad Carcelaria de España" (CONCAES). |
Coordinadores | |
Alejandro Esteban Cebollero: Pilar Vázquez Iglesias: |