Secretaría Uvigo

Diálogos restaurativos

NombreDiálogos restaurativos
Objetivo generalDiálogos restaurativos é un programa de Xustiza Restaurativa que se realiza con persoas penadas. Reúne a vítimas (ou representantes da comunidade) e persoas infractoras non relacionadas para discutir o delito e o seu impacto.
Objetivo especifico1. Facilitar o dereito das vítimas a ser informadas, escoitadas e reparadas nas súas necesidades.
2. Crear un ambiente de diálogo entre as persoas participantes baseado no respecto, a confidencialidade e a escoita activa.
3. Sensibilizar ás persoas infractoras para previr a reincidencia.
Entidad promotoraConfraternidad Carcelaria de España
Fecha inicio18/01/2023
fecha fin
Personas destinatarias
Poboación en protección ou en risco de exclusión social
Poboación en xeral
Descrición da actividade voluntaria
Perfil voluntariadoEn canto á formación académica non precisamos un perfil concreto. O máis importante é a empatía e a sensibilidade co medio penal.
Funciones voluntariadoComprometerse a gardar a confidencialidade durante todo o programa. Asistir á formación previa no programa impartida pola "Confraternidad Carcelaria de España" (CONCAES) en formato online, asistir ás reunións semanais ou quincenais de organización das sesións, ler o material e amosar as dúbidas que teñan e facilitar a parte das sesións que lle tocase co resto das persoas voluntarias e persoal da "Confraternidad Carcelaria de España" (CONCAES).
ActividadesO programa ten unha duración total de 10 sesións, se ven cando rematamos un tratamos de ter datas para facer o seguinte. O persoal voluntario pode comprometerse a facer unha edición do programa e logo indicar se quere participar na seguinte no transcurso da primeira. Se empeza cunha actividade de cohesión grupal, despois se levan a cabo chuvias de ideas sobre os conceptos da sesión, (por exemplo, que é a responsabilidade), reflexións e debates dirixidos. Ao peche da sesión se fai un pequeno resumo dos conceptos traballados e rematan dicindo unha palabra sobre como se sentiron durante a sesión. Na primeira e na derradeira sesión se fan, ademais, entrevistas e cuestionarios individuais nos que se pregunta sobre como se senten respecto ao delito (grao de arrepentimento, responsabilidade, quen pensan que son as persoas afectadas, etc.). Cara a segunda metade do programa se fan algunhas actividades encamiñadas a que os e as penados e penadas busquen formas de reparar as súas vítimas. Na maioría dos casos escriben unha carta de perdón de forma simbólica (que non se entrega ás vítimas) e nalgún caso levan a cabo outra actividade.
Tiene contacto con menoresNon
Tiempo dedicacionDespois da formación online será preciso dedicarlle 3 ou 4 horas para cada sesión do programa. (3 no centro penal e 4 no centro de inserción social) e uns 20 minutos por videochamada para organizar a sesión antes da mesma.
Lugar realizacionO programa pode levarse a cabo nos seguintes centros, en función da proximidade das persoas voluntarias:
- Centro de inserción social Carmen Avendaño (Vigo)
- Centro penal a Lama (Pontevedra)
- Centro penal Pereiro de Aguiar (Ourense)
ObservacionesEstas reunións son facilitadas por 2 voluntarios/as en cada centro, seguimento da persoa coordinadora da "Confraternidad Carcelaria de España" (CONCAES).
Coordinadores

Alejandro Esteban Cebollero:
648978901 / concaesvoluntari@gmail.com
luns a venres de 9:30 a 13:30

Pilar Vázquez Iglesias:
605071727 / galicia@concaes.com
Luns e mércores de 9:00 a 14:00.