Secretaría Uvigo

Clases de apoio escolar a menores en risco de exclusión social

NombreClases de apoio escolar a menores en risco de exclusión social
Objetivo generalPromover o desenvolvemento socieducativo de menores procedentes de familias en risco de exclusión social. A finalidade é que estes menores teñan as mesmas oportunidades que os demais e afronten un futuro cun bo nivel académico e aproveiten ao máximo a súa educación formal, xa que a educación é unha das ferramentas principais para minorar as situacións que os colocan en risco de exclusión social.
Objetivo especifico- Acadar unha mellora nas cualificacións do alumnado cada trimestre.
- Inculcar hábitos de traballo e estudo que poidan aplicar ao longo da súa vida académica.
- Prever conflitos no ámbito educativo.
- Atender ás necesidades educativas especiais de diferentes menores e mocidade.
Entidad promotoraASDEGAL (ACCIÓN SOLIDARIA DE GALICIA)
Fecha inicio24/01/2022
fecha fin 05/11/2027
Personas destinatarias
Infancia
Xuventude
Minorías étnicas - persoas migrantes
Descrición da actividade voluntaria
Perfil voluntariadoPersoa responsable, con gran capacidade de formación, convenientemente formada, que teña empatía cos menores...
Funciones voluntariadoAxudar aos menores a facer os deberes, resolver as dúbidas que teñan á hora de preparar os exames. Na medida do posible, transmitir ao alumnado técnicas de estudo que lles faciliten a asimilación de coñecementos. Esta actividade realízase baixo a colaboración dunha persoa voluntaria coordinadora destas clases.
Actividades1. Apoio escolar.
2. Actividades de formación.
3. Seguimento e avaliación por parte das persoas voluntarias sobre como van os estudantes, como é o seu comportamento na clase...
Tiene contacto con menoresSi
Tiempo dedicacionPídese unha dedicación como mínimo de dúas horas semanais.
Lugar realizacionVigo no Centro Social do Calvario, Centro Rivera Atienza, Centro Social de Teis, Parroquia da Florida, Centros de menores (Hogar San José, Trinitarias). Pontevedra Centro Príncipe Felipe e na asoc. de Benito Corbal 47, andar 4, of. 9 (edificio da Xunta)
ObservacionesDurante os meses de xullo e agosto realízaranse clases de reforzo escolar en horario de mañá.

Enderezo en Pontevedra:
asdegalpontevedra@asdegal.org ou por whastapp ao 604082707
Coordinadores

Lara Delgado Castelo:
629760176 / asdegal@asdegal.org
Luns a venres de 9:30 a 13:30 horas