Secretaría Uvigo

Naturalmente. Proxecto de acompañamentos, respiros familiares e fomento da vida autónoma en saúde mental

NombreNaturalmente. Proxecto de acompañamentos, respiros familiares e fomento da vida autónoma en saúde mental
Objetivo generalPotenciar a autonomía para a integración na comunidade de persoas con trastornos mentais a través de actividades rehabilitadoras e medioambientais de interese social, promovendo ao mesmo tempo a participación cidadá e unha formación medioambiental e social que sensibilice para o encontro social e a promoción da saúde
Objetivo especifico- Xerar enclaves de participación e de comunicación democrática entre as persoas usuarias e o resto de axentes sociais do barrio.
- Estimular a participación activa na vida pública e a promoción da saúde.
Entidad promotoraASOCIACIÓN XARUMA
Fecha inicio05/09/2022
fecha fin 16/12/2027
Personas destinatarias
Muller
Persoas con trastornos/enfermidades mentais
Poboación en protección ou en risco de exclusión social
Descrición da actividade voluntaria
Perfil voluntariado- Ganas de colaborar e coñecer outras realidades
- Actitude participativa e en igualdade
- Non é necesario coñecementos previos
Funciones voluntariado1. Apoio ás persoas usuarias nas actividades de horta.
2. Levar a cabo as actividades medioambientais, dirixidas por un/unha monitor/a.
3. Aportar as técnicas básicas para as habilidades prelaborais en persoas con trastornos mentais.
Actividades1. Actividade de horta ecolóxica: mantemento, plantación, colleita...
2. Actividades de conciencia medioambiental.
3. Actividades de estimulación cognitiva
4. Actividade de radio
5. Actividade de costura
6. Actividade de informática
Tiene contacto con menoresSi
Tiempo dedicacionDe 1 a 3 horas á semana
Horario a convir entre as partes.
De luns a venres de 17:00 a 20:00 horas.
Lugar realizacionLocal Xaruma e exteriores. Rúa Sanjurjo Badía, 79.
Centro Gárate - Vigo
ObservacionesAs actividades serán deseñadas e levadas a cabo por persoal de Xaruma, pero dadas as características do colectivo, precisamos unha atención máis individualizada.
Estamos abertos a novas iniciativas e aportaremos toda a autonomía á persoa voluntaria.
Coordinadores

Tania Vázquez Carballo:
698142158 / xarumaorg@gmail.com
Luns a venres de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 17:30 horas.