Acompañamento "Organización Nacional de Ciegos Españoles. ONCE"
Nome | Acompañamento "Organización Nacional de Ciegos Españoles. ONCE" |
Obxectivo xeral | A ONCE ten como obxectivo a inclusión social das persoas cegas e a defensa da súa plena cidadanía |
Obxectivo específico | Lograr a plena inclusión e normalización das persoas con discapacidade na sociedade. Axudar a mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade mediante a realización de programas de integración laboral, formación e emprego,e a procura da accesibilidade global entendida na súa concepción máis universal, é dicir, a eliminación de barreiras de todo tipo e en todas as ordes da vida da persoa con discapacidade (acceso á cultura, á información, ao desprazamento nos transportes públicos, ao consumo de ben |
Entidade promotora | ORGANIZACIÓN NACIONAL DE CIEGOS (ONCE) |
Data inicio | 10/05/2021 |
Data fin | |
Persoas destinatarias | |
Persoas con diversidade funcional e/ou intelectual Persoas maiores Xuventude |
|
Descrición da actividade voluntaria | |
Perfil voluntariado | Toda persoa maior de idade con nacionalidade da Unión Europea ou con permiso de residencia en territorio español que decida libre e voluntariamente dedicar un tempo á realización das actividades definidas na normativa de voluntariado da ONCE, sen mediar obriga ou deber, sen percibir contraprestación por iso, mediante a formalización coa ONCE do pertinente acordo de prestación de servizos en réxime de voluntariado |
Funcións voluntariado | -Apoio directo ás persoas afiliadas usuarias do servizo, sempre que as súas necesidades sexan derivadas da súa cegueira ou deficiencia visual grave e se correspondan cos programas recolleitos nesta normativa. Quedan fóra deste apoio a atención directa e as actividades propias do persoal contratado pola ONCE para tal fin. -Colaboración en actividades organizadas pola institución que se correspondan cos programas definidos na presente normativa. -Colaborar no asesoramento e/ou formación a persoal que traballa en institucións, organismos públicos ou privados, entidades da sociedade civil ou de interese social xeral daqueles países onde a ONCE desenvolva proxectos neste sentido -Difusión do servizo de voluntariado da ONCE entre as persoas afiliadas e potenciais voluntarios. -Orientación a outros voluntarios. |
Actividades | -Acompañamento para acudir aos servizos sociais que presta a ONCE. -Acompañamento a eventos, programas e/ou actividades internas ou externas á ONCE. -Acompañamento para realización de xestións ou tarefas: consultas médicas propias ou excepcionalmente dos seus fillos (aplicándose os requirimentos indicados no apartado 7.4.1), xestións administrativas, compras, paseos pola súa contorna, desprazamento a localizacións con especial dificultade... -Acompañamento a persoas adultas no seu domicilio, residencia de maiores ou hospital (como consecuencia dun ingreso médico). -Acompañamento telefónico: a súa finalidade principal é paliar situacións de soidade ou illamento mediante contactos telefónicos periódicos por parte dos voluntarios (persoas afiliadas ou non). -Actividade con can guía: a súa finalidade é cubrir o déficit de apoios necesarios dos afiliados usuarios de cans guía para desenvolver a actividade supervisada de exercicio físico e esparexemento ao aire libre do devandito auxiliar de mobilidade, - Lectura ou organización de documentación impresa (correspondencia, manuais, textos manuscritos, documentos con táboas ou gráficos, encher impresos, etc.). -Apoio a afiliados no reforzo de competencias adquiridas a través dos servizos de atención persoal da ONCE, na utilización de ferramentas informáticas e/ou tiflotécnicas ou na práctica do código de lectoescritura Braille. -Voluntariado dixital. -Apoio físico e visual guiado para a práctica deportiva en xeral (footing, patinaxe, vela...) , -Apoio no acceso e mobilidade en instalacións deportivas. - Guiado en competicións populares. - Colaboración en actividades deportivas organizadas pola ONCE e lideradas polo profesional ONCE ou monitor contratado responsable do desenvolvemento. -Apoio físico e visual guiado ao afiliado para orientación e mobilidade durante a participación en actividades culturais (visitas, conferencias, exposicións...) e recreativas (actividades ao aire libre, excursións talleres) organizadas na súa contorna, tanto pola ONCE como por outras entidades externas. -Colaboración no desenvolvemento de actos institucionais e na organización puntual de actividades culturais/recreativas. -Apoio a familias: Este subprograma ofrece ás familias con fillos menores de idade (con ou sen discapacidade) nas que os dous proxenitores ou o único proxenitor en caso de familias monoparentais sexan persoas afiliadas á ONCE, a posibilidade de contar cunha persoa voluntaria que lles acompañe e poida prestarlles apoio á hora de realizar saídas cos seus fillos, tales como: paseos familiares, zoo, parques de atraccións, actividades culturais en familia, excursións, etc. Os voluntarios prestan o servizo aos pais polo que a responsabilidade dos menores recaerá sobre estes últimos. Non asumirán nunca tarefas propias do coidado dos menores como alimentalos, vestilos, cambiarlles o cueiro, etc. -Difundir o voluntariado entre as persoas afiliadas e as súas familias para garantir que coñezan este servizo e poidan acceder a el. Igualmente, a difusión do servizo para captación de novos voluntarios |
Ten contacto con menores | Si |
Tempo adicación | O que sexa necesario en función do servizo demandado en cada momento, non sendo obrigatorio un número determinado de horas. |
Lugar realización | O servizo de voluntariado levarase ao cabo en diferentes localizacións como hospitais, centros de saúde, supermercados, etc., dando resposta ás necesidades da persoa afiliada. |
Observacións | |
Coordinadores | |
Jesús Sánchez García: Mª Jesús Martínez Estrada: |