Secretaría Uvigo

Acompañamento "Organización Nacional de Ciegos Españoles. ONCE"

NombreAcompañamento "Organización Nacional de Ciegos Españoles. ONCE"
Objetivo generalA ONCE ten como obxectivo a inclusión social das persoas cegas e a defensa da súa plena cidadanía
Objetivo especificoLograr a plena inclusión e normalización das persoas con discapacidade na sociedade.
Axudar a mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade mediante a realización de programas de integración laboral, formación e emprego,e a procura da accesibilidade global entendida na súa concepción máis universal, é dicir, a eliminación de barreiras de todo tipo e en todas as ordes da vida da persoa con discapacidade (acceso á cultura, á información, ao desprazamento nos transportes públicos, ao consumo de ben
Entidad promotoraORGANIZACIÓN NACIONAL DE CIEGOS (ONCE)
Fecha inicio10/05/2021
fecha fin
Personas destinatarias
Persoas con diversidade funcional e/ou intelectual
Terceira idade
Xuventude
Descrición da actividade voluntaria
Perfil voluntariadoToda persoa maior de idade con nacionalidade da Unión Europea ou con permiso de residencia en territorio español que decida libre e voluntariamente dedicar un tempo á realización das actividades definidas na normativa de voluntariado da ONCE, sen mediar obriga ou deber, sen percibir contraprestación por iso, mediante a formalización coa ONCE do pertinente acordo de prestación de servizos en réxime de voluntariado
Funciones voluntariado-Apoio directo ás persoas afiliadas usuarias do servizo, sempre que as súas necesidades sexan derivadas da súa cegueira ou deficiencia visual grave e se correspondan cos programas recolleitos nesta normativa. Quedan fóra deste apoio a atención directa e as actividades propias do persoal contratado pola ONCE para tal fin.
-Colaboración en actividades organizadas pola institución que se correspondan cos programas definidos na presente normativa.
-Colaborar no asesoramento e/ou formación a persoal que traballa en institucións, organismos públicos ou privados, entidades da sociedade civil ou de interese social xeral daqueles países onde a ONCE desenvolva proxectos neste sentido
-Difusión do servizo de voluntariado da ONCE entre as persoas afiliadas e potenciais voluntarios.
-Orientación a outros voluntarios.
Actividades-Acompañamento para acudir aos servizos sociais que presta a ONCE.
-Acompañamento a eventos, programas e/ou actividades internas ou externas á ONCE.
-Acompañamento para realización de xestións ou tarefas: consultas médicas propias ou excepcionalmente dos seus fillos (aplicándose os requirimentos indicados no apartado 7.4.1), xestións administrativas, compras, paseos pola súa contorna, desprazamento a localizacións con especial dificultade...
-Acompañamento a persoas adultas no seu domicilio, residencia de maiores ou hospital (como consecuencia dun ingreso médico).
-Acompañamento telefónico: a súa finalidade principal é paliar situacións de soidade ou illamento mediante contactos telefónicos periódicos por parte dos voluntarios (persoas afiliadas ou non).
-Actividade con can guía: a súa finalidade é cubrir o déficit de apoios necesarios dos afiliados usuarios de cans guía para desenvolver a actividade supervisada de exercicio físico e esparexemento ao aire libre do devandito auxiliar de mobilidade,
- Lectura ou organización de documentación impresa (correspondencia, manuais, textos manuscritos, documentos con táboas ou gráficos, encher impresos, etc.).
-Apoio a afiliados no reforzo de competencias adquiridas a través dos servizos de atención persoal da ONCE, na utilización de ferramentas informáticas e/ou tiflotécnicas ou na práctica do código de lectoescritura Braille.
-Voluntariado dixital.
-Apoio físico e visual guiado para a práctica deportiva en xeral (footing, patinaxe, vela...) ,
-Apoio no acceso e mobilidade en instalacións deportivas.
- Guiado en competicións populares.
- Colaboración en actividades deportivas organizadas pola ONCE e lideradas polo profesional ONCE ou monitor contratado responsable do desenvolvemento.
-Apoio físico e visual guiado ao afiliado para orientación e mobilidade durante a participación en actividades culturais (visitas, conferencias, exposicións...) e recreativas (actividades ao aire libre, excursións talleres) organizadas na súa contorna, tanto pola ONCE como por outras entidades externas.
-Colaboración no desenvolvemento de actos institucionais e na organización puntual de actividades culturais/recreativas.
-Apoio a familias: Este subprograma ofrece ás familias con fillos menores de idade (con ou sen discapacidade) nas que os dous proxenitores ou o único proxenitor en caso de familias monoparentais sexan persoas afiliadas á ONCE, a posibilidade de contar cunha persoa voluntaria que lles acompañe e poida prestarlles apoio á hora de realizar saídas cos seus fillos, tales como: paseos familiares, zoo, parques de atraccións, actividades culturais en familia, excursións, etc. Os voluntarios prestan o servizo aos pais polo que a responsabilidade dos menores recaerá sobre estes últimos. Non asumirán nunca tarefas propias do coidado dos menores como alimentalos, vestilos, cambiarlles o cueiro, etc.
-Difundir o voluntariado entre as persoas afiliadas e as súas familias para garantir que coñezan este servizo e poidan acceder a el. Igualmente, a difusión do servizo para captación de novos voluntarios
Tiene contacto con menoresSi
Tiempo dedicacionO que sexa necesario en función do servizo demandado en cada momento, non sendo obrigatorio un número determinado de horas.
Lugar realizacionO servizo de voluntariado levarase ao cabo en diferentes localizacións como hospitais, centros de saúde, supermercados, etc., dando resposta ás necesidades da persoa afiliada.
Observaciones
Coordinadores

Jesús Sánchez García:
988510875 / jsga@once.es
8:00 a 15:00 de luns a venres

Mª Jesús Martínez Estrada:
981206900 / mme@once.es
8:00 a 15:00 horas de luns a venres