Espazo residuo cero (Zero waste)
| Nome | Espazo residuo cero (Zero waste) |
| Obxectivo xeral | Creación dun grupo de activistas dentro da universidade tanto nos campus de Ourense, Pontevedra como Vigo para traballar na redución de residuos. |
| Obxectivo específico | - Atopar solucións creativas encamiñadas a provocar un cambio de hábitos para reducir a xeración de lixo no ámbito universitario. - Sensibilizar ao público universitario na redución de residuos. - Crear un espazo de alternativas baseadas na redución, a reutilización e a reciclaxe dos residuos. |
| Entidade promotora | AMIGOS DA TERRA |
| Data inicio | 02/06/2020 |
| Data fin | |
| Persoas destinatarias | |
|
Poboación en xeral |
|
| Descrición da actividade voluntaria | |
| Perfil voluntariado | Non se precisan coñecementos específicos só interese no eido medio ambiental. |
| Funcións voluntariado | 1. Deseño, planificación e participación en actividades vinculadas ao proxecto. 2. Elaboración e xestión de contidos web ou redes sociais. 3. Desenvolver ou formar parte dos grupos piloto do proxecto. |
| Actividades | 1. Desenvolver un laboratorio de ideas sobre solucións creativas encamiñadas ao “residuo cero”. 2. Crear “grupos piloto” de persoas dispostas a por en marcha medidas de redución de residuos, facendo un seguimento no tempo e proxectando o proceso no ámbito universitario. 3. Preparación de contidos informativos para a web e RRSS (consellos sobre redución de residuos e compostaxe, información práctica, vídeos curtos, busca de contidos relacionados, etc). 4. Levar á universidade as campañas de redución de residuos da asociación: "Aquí o teu táper sí", alargascencia, microplásticos e compostaxe. |
| Ten contacto con menores | Si |
| Tempo adicación | Flexible. Adaptado ás necesidades e reparto de traballo que se faga dentro do grupo. |
| Lugar realización | Campus de Ourense, Pontevedra ou Vigo, aínda que se poderán desenvolver actividades noutras localidades se así o require o proxecto. |
| Observacións | No número de persoas voluntarias indicamos o máximo, 10 persoas, pero non hai mínimo. |
| Coordinadores | |
|
Laura Casal Guillán: |
|