Secretaría Uvigo

Espazo residuo cero (Zero waste)

NombreEspazo residuo cero (Zero waste)
Objetivo generalCreación dun grupo de activistas dentro da universidade tanto nos campus de Ourense, Pontevedra como Vigo para traballar na redución de residuos.
Objetivo especifico- Atopar solucións creativas encamiñadas a provocar un cambio de hábitos para reducir a xeración de lixo no ámbito universitario.
- Sensibilizar ao público universitario na redución de residuos.
- Crear un espazo de alternativas baseadas na redución, a reutilización e a reciclaxe dos residuos.
Entidad promotoraAMIGOS DA TERRA
Fecha inicio02/06/2020
fecha fin
Personas destinatarias
Poboación en xeral
Descrición da actividade voluntaria
Perfil voluntariadoNon se precisan coñecementos específicos só interese no eido medio ambiental.
Funciones voluntariado1. Deseño, planificación e participación en actividades vinculadas ao proxecto.
2. Elaboración e xestión de contidos web ou redes sociais.
3. Desenvolver ou formar parte dos grupos piloto do proxecto.
Actividades1. Desenvolver un laboratorio de ideas sobre solucións creativas encamiñadas ao “residuo cero”.
2. Crear “grupos piloto” de persoas dispostas a por en marcha medidas de redución de residuos, facendo un seguimento no tempo e proxectando o proceso no ámbito universitario.
3. Preparación de contidos informativos para a web e RRSS (consellos sobre redución de residuos e compostaxe, información práctica, vídeos curtos, busca de contidos relacionados, etc).
4. Levar á universidade as campañas de redución de residuos da asociación: "Aquí o teu táper sí", alargascencia, microplásticos e compostaxe.
Tiene contacto con menoresSi
Tiempo dedicacionFlexible. Adaptado ás necesidades e reparto de traballo que se faga dentro do grupo.
Lugar realizacionCampus de Ourense, Pontevedra ou Vigo, aínda que se poderán desenvolver actividades noutras localidades se así o require o proxecto.
ObservacionesNo número de persoas voluntarias indicamos o máximo, 10 persoas, pero non hai mínimo.
Coordinadores

Laura Casal Guillán:
whatsapp: 611063 / activistas@amigasdaterra.net
De luns a venres de 8:30 a 14:30 horas.