Secretaría Uvigo

Pasos:

  • 1Información sobre normativa aplicable.
  • 2Autenticarse na secretaria virtual (opcional).
  • 3Cubrir o formulario de QSP.
  • 4Cubrir os datos de contacto (opcional).
  • 5Revisar os datos introducidos.
  • 6Confirmación e asignación do número da QSP.

Antes de acceder ao formulario electrónico lea estes importantes avisos

Tramitación

Segundo o disposto no artigo 10.4 do Regulamento do sistema de queixas, suxestións e parabéns da Universidade de Vigo, informámoslle que os seus datos de contacto permanecerán no anonimato e só os coñecerá a unidade administradora do sistema -neste caso a Unidade de análises e programas-, agás que expresamente indique a súa conformidade para que os coñeza a unidade que vai responder á súa demanda ou parabén.


Ámbito

Segundo o disposto no artigo 3 do citado regulamento, quedan excluídas as reclamacións respecto das cualificacións das probas de avaliación, que son xestionadas a través do procedemento establecido no Regulamento de estudantes, e todas as reclamacións, queixas ou consultas cuxa resolución deba ampararse nun procedemento administrativo específico ou na normativa sobre a materia á que se refira.

Quedan igualmente excluídas as solicitudes de información, que poderán dirixirse ao Negociado de información xeral a través do correo electrónico informacion@uvigo.es. Este sistema é independente das actuacións da Valedoría Universitaria

As queixas presentadas non terán carácter de recurso administrativo nin a súa presentación interromperá os prazos establecidos na normativa vixente. A presentación de queixas non suporá, en ningún caso, a renuncia ao exercicio doutros dereitos e accións que poida exercer calquera persoa interesada.


Protección de datos de carácter persoal

  • Responsable: Universidade de Vigo
  • Finalidade: Xestionar o sistema de queixas, suxestións e parabéns da Universidade de Vigo
  • Lexitimación: O tratamento dos datos de carácter persoal recollidos neste documento baséase nas competencias atribuidas pola Lei Orgánica 6/2001, de 21 de decembro, de Universidades, e no Regulamento do sistema de queixas, suxestións e parabéns
  • Cesións: Non se prevén cesións dos datos a terceiros
  • Dereitos: As persoas interesadas poderán exercitar os seguintes dereitos: acceso, rectificación, supresión, limitación do tratamento, oposición e, no seu caso, portabilidade dos datos
  • Procedencia da información: a información recollida neste formulario procede da propia persoa interesada ou da súa representación legal
  • Información adicional: https://www.uvigo.gal/proteccion-datos

Máis información

Máis información sobre o sistema de QSP en: https://www.uvigo.gal/universidade/calidade/programas-calidade/sistema-qsp.

Para calquera dúbida pode dirixirse á Unidade de Análises e Programas en consulta.uap@uvigo.es ou no teléfono 986 130 218.

Texto completo do Regulamento de queixas, suxestións e parabéns da Universidade de Vigo en: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/normativa/public/show/541