Bolsas "Ourense rural" para o estudantado do campus de Ourense, curso 2022/2023
| Tipo | Bolsa de estudo |
| Organismo convocante | Universidade de Vigo |
| Código | 2022_2023_Ourense rural |
| Data inicio solicitudes | 13/10/2022 |
| Data fin solicitudes | 27/10/2022 |
| Enderezo formulario para solicitude online | http://seix.uvigo.es/ |
| Descripción | OBXECTO: Atender o custo económico que supón a realización de estudos universitarios oficiais para o alumnado empadroado en concellos rurais da provincia de Ourense distantes dos campus universitarios e con dificultades de conexión a través de medios de transporte habituais. CONTÍA: As axudas previstas se destinarán a cubrir os gastos derivados do desprazamento desde o termo municipal da vivenda habitual ata o concello de Ourense ata un máximo de:
|
| Requisitos | REQUISITOS XERAIS: Estar inscrito no padrón dos concellos da provincia de Ourense, distintos do concello de Ourense, con 12 meses de antelación á finalización do prazo de presentación de solicitudes. REQUISITOS ACADÉMICOS: a) Estar matriculado/a en titulacións oficiais de grao ou mestrado en centros propios do campus de Ourense ou da Escola de Enfermaría de Ourense no curso 2022/2023 nun mínimo de 60 créditos ou da totalidade dos que lle permita a normativa da universidade, agás no caso de alumnado con discapacidade de grao igual ou superior ao 65 por cento que poderá reducir a carga lectiva ata un máximo de 50%. b) Non estar en posesión ou non reunir os requisitos legais para a obtención dunha titulación do mesmo nivel ou superior ao correspondente aos estudos para os que se solicita a axuda. REQUISITOS ECONÓMICOS: a) A suma de rendas de todos os membros da unidade familiar non pode superar os seguintes limiares:
A partir do oitavo membro engadiranse 3.181,00 euros por cada novo membro computable. b) O patrimonio familiar non pode superar os seguintes limiares:
|
| Documentacion | SOLICITUDE: A solicitude realizarase a través do formulario en liña dispoñible na web da universidade: http://seix.uvigo.es/ na páxina de inicio prema en "SVE – Secretaría Virtual Estudantes" e no menú da esquerda seleccione "bolsas propias de estudos". DOCUMENTACIÓN: Xunto coa solicitude achegarase a seguinte documentación:
|
| Observacións | OBRIGAS: A persoa beneficiaria deberá estar matriculada na titulación oficial do campus de ourense durante todo o curso académico 2022/2023 para poder manter a súa condición de bolseira. |
| Prazo para resolver | 3 meses |
| Silencio administrativo | Desestimatorio |
| Documentos da convocatoria | |
| Ligazóns da convocatoria | |
| Correo electrónico: | bolsas@uvigo.es |
| Teléfono: | 986 81 36 11 |
| : | https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas/bolsas-estudo |
| Taboleiro: | https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-details.xhtml?idtaskdata=29372665 |
| BDNS: | https://www.pap.hacienda.gob.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/653349 |
10/11/2022 Listaxe provisoria de solicitudes admitidas e excluidas
| Observacións | |
| Documentos da fase da convocatoria: | |
24/11/2022 Listaxe provisoria de solicitudes concedidas, denegadas e agarda
| Descrición | |
| Documentos da fase da convocatoria: | |
05/12/2022 Listaxe definitiva de solicitudes concedidas, denegadas e agarda
| Observacións | |
| Documentos da fase da convocatoria: | |