Secretaría Uvigo

Bolsas Carolina para cursar estudos de Máster oficial no curso académico 2022/2023

TipoMobilidade estudantes
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código2022_2023 Bolsas CAROLINA Máster oficial
Data inicio solicitudes11/10/2022
Data fin solicitudes11/10/2022
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://www.fundacioncarolina.es/
Descripción

Obxecto:

Compensar o custo da realización dos estudos de Máster oficial na Universidade de Vigo a alumnado procedente de países de América Latina, membros da Comunidade Iberoamericana de Nacións, ou de Portugal e participante no programa de bolsas da Fundación Carolina

Nº de bolsas: 3

  • 1 bolsa para cursar estudos de Máster en Menores en situación de desprotección e conflito social
  • 2 bolsas para cursar estudos de Máster en Mecatrónica

Contía:

O importe da subvención cubrirá o importe total dos prezos públicos de matrícula. A contía máxima de cada bolsa será:
• 767.60€ para a bolsa para cursar estudios de máster en Menores en situación de desprotección e conflito social
• 1.073,65€ para cada unha das bolsas para cursar estudios de máster en Mecatrónica

Requisitos
  • Ser nacional dalgún país da Comunidade Iberoamericana de Nacións agás España, Portugal, Andorra. Así mesmo no caso do máster en Mecatrónica polo menos unha das persoas destinatarias das becas debe ser nacional e residente nun dos cinco países centroamericanos destinatarios desta bolsa. (Costa Rica, El Salvador, Guatemala, Honduras ou Nicaragua)
  • Non ter residencia legal en España.
  • Estar en posesión do título de grao ou equivalente que permita o acceso aos estudos do máster oficial
  • Cumprir os restantes requisitos esixidos na convocatoria da fundación Carolina
Documentacion

 

Enlace á publicación no taboleiro

Observacións

A Resolución de concesión directa publicarase no taboleiro da sede electrónica https://sede.uvigo.gal/  e no portal de bolsas da web da universidade e na web da Fundación

As persoas adxudicatarias da bolsa quedarán obrigadas a participar nas actividades académicas ao longo de todo o curso, entendendo como tales a asistencia presencial a clase, a realización das probas e exames das materias nas que se atopan inscritas e a participación responsable nas demais actividades orientadas a completar a súa formación.

As persoas beneficiarias deben cumprir as obrigas recollidas no artigo 14.1 da Lei 38/2013, de 17 de novembro, Xeral de subvencións, que lles sexa de aplicación.

Prazo para resolver3 meses
Silencio administrativoDesestimatorio
Documentos da convocatoria
Ligazóns da convocatoria
Correo electrónico: bolsasformacion@uvigo.es
Teléfono: 986 81 40 94
Web bolsas mobilidade: https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas/bolsas-mobilidade
Atrás