Secretaría Uvigo

Bolsa para colaborar na investigación e promoción da igualdade para o estudantado matriculado na Facultade de Educación e Traballo Social

TipoMobilidade estudantes
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código2022_2023_Col_Igual_FE_TS
Data inicio solicitudes28/09/2022
Data fin solicitudes26/10/2022
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/9753
Descripción

A presente convocatoria ten por obxecto favorecer a iniciación en tarefas de investigación por parte do alumnado universitario que vaia rematar os seus estudos de grao ou que estea cursando títulos de mestrado universitario oficial, mediante a concesión dunha bolsa que lles permita iniciarse en tarefas de investigación relacionadas cos estudos que estean cursando e facilitar a súa futura orientación profesional ou investigadora. Tamén está dirixida ao estudantado de doutoramento para colaborar en tarefas de investigación relacionadas coa súa tese.

Requisitos
  • Estar matriculado/a no curso 2022/2023 en titulacións oficiais na Facultade de Educación e Traballo Social:
    • En estudos de grao e ter superado o 50% de créditos dos estudos.
    • En estudos de grao e ter unha titulación de grao das impartidas na facultade.
    • En estudos de mestrado
    • No programa de doutoramento en Ciencias da Educación e do Comportamento

Non poden ter a condición de beneficiarios/as persoas nas que concorra algunha das circunstancias establecidas no artigo 13.2 da Lei 38/2003 Xeral de Subvencións, de 17 de novembro.

Documentacion
  • Certificación académica dos estudos de Grao ou Mestrado se son realizados nunha universidade distinta á de Vigo.
  • Documentación acreditativa dos cursos de formación en materia de igualdade e perspectiva de xénero.
  • Unha copia en formato pdf do TFG/TFM
  • Informe da persoa directora do TFG/TFM no que se especifique que está claramente relacionado coa temática de xénero.
  • Descrición da estadía para a que solicita a bolsa (Anexo II)

Tamén se lles poderá requirir que acheguen outra documentación que resulte necesaria para avaliar correctamente os requisitos e méritos alegados. O feito de non achegar a documentación requirida será causa de exclusión.

Prazo para resolver3 meses
Silencio administrativoDesestimatorio
Documentos da convocatoria
Ligazóns da convocatoria
Correo electrónico: bolsasformacion@uvigo.es
Teléfono: 986814094
web: https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas/bolsas-formacion
Taboleiro: https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-details.xhtml?idtaskdata=29079321

28/10/2022: Listaxe provisoria de solicitudes admitidas e excluídas

Observacións

Alegacións a partir do día seguinte á publicación e ata o día 7 de novembro ás 23:59 horas (hora peninsular española)

Enlace á publicación no taboleiro

Documentos da fase da convocatoria:

08/11/2022: Listaxe definitiva de solicitudes excluídas

Observacións

Enlace á publicación no taboleiro

Documentos da fase da convocatoria:

17/11/2022: Listaxe definitiva de persoas con bolsa concedida

Observacións

Enlace á publicación no taboleiro

Documentos da fase da convocatoria:
Atrás