Secretaría Uvigo

Premios ao mellor TFG/TFM en Axenda 2030, cooperación ao desenvolvemento e RSU, 2021/2022

TipoPremios
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código2021_2022 RSU-Axenda 2030
Fecha inicio solicitudes01/08/2022
Fecha fin solicitudes30/09/2022
Dirección formulario para solicitud onlinehttps://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/9719
Descripción

Esta convocatoria ten por obxecto o recoñecemento dos traballos de fin de grao e mestrado oficial realizados polo estudantado da Universidade de Vigo que se distingan por ser especialmente relevantes en temáticas relacionadas coa Axenda 2030, a cooperación ao desenvolvemento e a responsabilidade social, facilitando a gratuidade da matrícula nos estudos que supoñan continuación dos xa cursados.

Convócanse premios distribuídos do seguinte xeito:

  1. a) En función da rama de coñecemento de pertenza dos estudos:
  • Artes e Humanidades: 1
  • Ciencias e Ciencias da Saúde: 1
  • Ciencias Sociais e Xurídicas: 2
  • Enxeñaría e Arquitectura: 2
  1. b) Unha vez adxudicados os premios anteriores, e ata o esgotamento do orzamento outorgaranse premios por orde de puntuación sen ter en conta a rama de coñecemento de pertenza dos estudo
Requisitos

Pode participar nesta convocatoria o estudantado que cumpra os seguintes requisitos:

  1. Ter superado o traballo fin de grao ou mestrado oficial durante o curso 2021/2022 na UVIGO cunha cualificación igual ou superior a 8,5 puntos.
  2. A temática do TFG/TFM debe estar relacionada con:
  • Axenda 2030: todo tema relacionado con 17 obxectivos de desenvolvemento sostible: Fin da pobreza, Fame cero; Saúde e benestar; Educación de calidade; Igualdade de xénero; Auga limpa e saneamento; Enerxía accesible e non contaminante; Traballo decente e crecemento económico; Industria, innovación e infraestrutura; Redución das desigualdades; Cidades e comunidades sostibles; Produción e consumo responsables; Acción polo clima; Vida submarina; Vida de ecosistemas terrestres; Paz, xustiza e institucións sólidas e Alianzas para acadar os obxectivos.
  • Cooperación ao desenvolvemento: cooperación financeira; cooperación técnica; axuda alimentaria e axuda humanitaria; principios e fundamentos xurídicos; política e xestión; cooperación e muller; dereitos humanos;  ONG e outros actores da cooperación ONG; cooperación empresarial; cooperación universitaria.
  • Responsabilidade social corporativa: políticas publicas inclusivas; políticas públicas para a igualdade de xénero; inclusión de persoas con discapacidade no emprego público; definición de valores públicos; actuación responsable nas organizacións públicas e privadas; código ético nas organizacións públicas e privadas; deseño de plans de voluntariado nas organizacións públicas e privadas; mellora nas xestión de prevención de riscos laborais.
Documentación

Xunto coa solicitude deberán subir a seguinte documentación ó formulario en liña (non hai que subir a documentación á Sede Electrónica):

  • Memoria en formato pdf de non máis de 10 páxinas nas que se describa as características do traballo.
  • Informe da persoa directora do traballo.
  • Unha copia en formato pdf do Traballo Fin Grao / Traballo Fin de Mestrado.

Tamén se lles poderá requirir que acheguen outra documentación que resulte necesaria para a correcta avaliación de requisitos e méritos alegados. O feito de non achegar a documentación requirida será causa de exclusión.

 

Plazo para resolver3 meses
Silencio administrativoDesestimatorio
Documentos de la convocatoria
Enlaces de la convocatoria
Correo electrónico: bolsasformación@uvigo.es
Teléfono: 986814094
Web: https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas/premios
Taboleiro: https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-details.xhtml?idtaskdata=28102389

19/10/2022: Listaxe provisoria de solicitudes admitidas e excluídas

Observaciones

Alegación a partir do día seguinte á publicación  e ata o día 3 de novembro ata ás 23:59 horas

Enlace á publicación no taboleiro

Documentos de la fase:

07/11/2022: Listaxe definitiva de solicitudes admitidas

Observaciones

Enlace á publicación no taboleiro

Documentos de la fase:

22/11/2022: Listaxe provisoria de persoas con premio concedido e listaxe de agarda

Observaciones

Enlace á publicación no taboleiro

Alegacións a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución e ata o día 7 de decembro ás 23:59 horas (hora peninsular española).

Documentos de la fase:

15/12/2022: Listaxe definitiva de persoas con premio concedido e listaxe de agarda

Observaciones

Enlace á publicación no taboleiro

Documentos de la fase:
Atrás