Secretaría Uvigo

Axudas para redactar e defender en galego Teses, e Premios á Calidade Lingüística no TFG e TFM, 2021/2022

TipoPremios
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código2021_2022 Red. Textos Galego
Fecha inicio solicitudes26/07/2022
Fecha fin solicitudes19/09/2022
Dirección formulario para solicitud onlinehttps://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/9724
Descripción

1. OBXECTO
O fin desta convocatoria é incentivar o uso do galego nas teses de doutoramento, nos traballos de fin de grao e nos traballos de fin de mestrado oficial realizados polo estudantado da Universidade de Vigo, así como premiarmos o esforzo e o rigor de lle dar un tratamento coidado ao idioma e incrementar o patrimonio dos textos redactados.

AXUDAS, PREMIOS E CUANTÍAS:

Convócanse:

  • En primeiro lugar, outorgaráselles a axuda ás solicitudes admitidas de teses de doutoramento.A contía individual máxima será de 600 €. No caso de que o orzamento non sexa suficiente ordenaranse por nota media do expediente académico de grao.
  • Se non se esgota o orzamento dispoñible, o crédito restante repartirase entre os TFG/TFM que cumpran os requisitos ata un máximo por persoa de 150 €, cun mínimo de 60 € ordenados por nota do traballo.
  • Só se poderá obter un premio por persoa nesta convocatoria.
Requisitos
  • Presentar e defender a tese de doutoramento (TD), o traballo de fin de grao (TFG) ou o traballo de fin de mestrado (TFM) na Universidade de Vigo entre o 1 de setembro de 2021 e o 16 de setembro de 2022. Quedan excluídos os TFG do Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos literarios (módulo de lingua galega), do Grao en Tradución e Interpretación (Galego-Inglés) e do Grao en Tradución e Interpretación (Galego-Francés).
  • Presentar a declaración do director/a da TD ou do titor/a do TFG/TFM de que o traballo se redactou e se defendeu integramente en lingua galega segundo o modelo do anexo II.
  • Redactar as TD, os TFG e os TFM integramente en lingua galega de acordo coas Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego da Real Academia Galega e do Instituto da Lingua Galega (NOMIG, 2003).
  • No caso do TFG e do TFM obter unha cualificación mínima de 9.

Non poderán ter a condición de beneficiarias as persoas nas que concorra algunha das circunstancias establecidas no artigo 13.2 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

Documentación

SOLICITUDE:

As persoas solicitantes deberán cubrir o formulario en liña no seguinte enlace https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/9724 , descargalo e presentalo na sede electrónica da Universidade de Vigo (sede.uvigo.gal) a través da Instancia Xenérica (SXER) existente na sede, e poñer como asunto “Axudas para redactar e defender en galego teses de doutoramento, traballos de fin de grao e traballos de fin de mestrado”, achegando unicamente o formulario coa solicitude.
Para a presentación electrónica deste procedemento, a sede electrónica da Universidade de Vigo dispón de instrucións de axuda que os/as solicitantes deberán observar en todo momento https://www.uvigo.gal/sites/uvigo.gal/files/contents/paragraph-file/2020-06/Guia_rexistro_instancia_xenerica_gl.docx.pdf. No caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de presentación dos formularios, poderán dirixirse ao enderezo electrónico sede@uvigo.gal.

 

DOCUMENTACIÓN:

Xunto coa solicitude deberán subir a seguinte documentación:

  • Declaración do director/a da TD ou do titor/a do TFG/TFM de que o traballo se redactou e se defendeu en lingua galega (anexo II).
  • Copia en formato PDF da TD, do TFG ou do TFM.

PRAZO:

Comezará o día seguinte de publicarse esta convocatoria e rematará o 19 de setembro de 2022 ás 23:59 horas (hora peninsular española). 

Plazo para resolver3 meses
Silencio administrativoDesestimatorio
Documentos de la convocatoria
Enlaces de la convocatoria
Teléfono: 986 81 40 94
Correo electrónico: bolsasformacion@uvigo.es
Web:: https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas/premios
Taboleiro:: https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-details.xhtml?idtaskdata=27922351

30/09/2022 Listaxe provisoria de solicitudes admitidas e excluídas

Observaciones

Alegacións a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución e ata o día 17 de outubro ás 23:59 horas (hora peninsular española).

Enlace á publicación no taboleiro

Documentos de la fase:

18/10/2022: Listaxe definitiva de solicitudes excluídas

Observaciones

Enlace á publicación no taboleiro

Documentos de la fase:

20/10/2022: Listaxe provisoria de persoas con axuda concedida

Observaciones

Alegacións a partir do día seguinte ó da publicación e ata o día 4 de novembro ás 23:59 horas (hora peninsular española)

Enlace á publicación no taboleiro

Documentos de la fase:

09/11/2022: Listaxe definitiva de persoas con premio concedido

Observaciones

Enlace á publicación no taboleiro

Documentos de la fase:
Atrás