Secretaría Uvigo

Premios excelencia académica para estudantado que inicia estudos de Máster, 2022/2023

TipoPremios
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código2022_2023 Exc Inicio Máster
Fecha inicio solicitudes20/07/2022
Fecha fin solicitudes30/09/2022
Dirección formulario para solicitud onlinehttps://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/9684
Descripción

OBXECTO:

Incentivar a cultura do mérito e a excelencia, a través do recoñecemento ao alumnado cos mellores resultados académicos nos estudos previos ao seu ingreso nos estudos de mestrado oficial da Universidade de Vigo.

PREMIOS:

Convócanse 15 premios distribuídos do seguinte xeito:

  • Artes e Humanidades: 2
  • Ciencias e Ciencias da Saúde: 2
  • Ciencias Sociais e Xurídicas: 7
  • Enxeñaría e Arquitectura: 4

CONTÍA:

A contía individual de cada premio é de 600 €.

Requisitos

a) Estar matriculado no curso 2022/2023 por primeira vez en estudos de mestrado oficial en
centros propios da Universidade de Vigo ou en centros adscritos de titularidade pública
que imparten titulacións non impartidas en centros propios (Enfermaría Ourense,
Enfermaría Pontevedra e Enfermaría Meixoeiro).
b) Obter unha nota media ponderada igual ou superior a 1,00 nos estudos que lle dan acceso
ao máster calculada según o establecido no punto 6 desta convocatoria.
Non poderán ter a condición de beneficiario/a as persoas nas que concorra algunha das
circunstancias establecidas no artigo 13.2 da Lei 38/2003 Xeral de Subvencións, de 17 de
novembro.

  • SELECCIÓN:

A nota media do expediente académico de grao ou licenciatura que lle da acceso ao Máster, será ponderada coa nota media da titulación:

Para a ponderación, no caso de estudos realizados en universidades españolas, terase en conta a nota media que, de acordo cos datos da Clasificación Internacional Normalizada da Educación (ISCED), corresponda á súa titulación na universidade na que a cursou:

https://www.universidades.gob.es/stfls/universidades/Ensenanzas/becas_ayudas_premios/alumnado/becas_ayudas_investigar/Documentos/nm_isced_general_y_universidad_fpu2021.pdf 

Para os estudos realizados no estranxeiro, a ponderación realizarase tendo en conta as notas
medias ISCED para estudos estranxeiros:

https://www.educacionyfp.gob.es/dam/jcr:7ae3604f-ca06-4329-9047-236c5bbcb9f9/nota-media-extranjeros.pdf

Documentación

SOLICITUDE:

As persoas solicitantes deberán encher o formulario en liña no seguinte enlace https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/9684, descargalo e presentalo na sede electrónica da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal) a través da Instancia Xenérica (SXER) existente na sede, poñendo en asunto “premios excelencia académica inicio mestrado oficial”, achegando unicamente o arquivo coa solicitude.

DOCUMENTACIÓN:

Deberán subir a seguinte documentación ao formulario en liña (non hai que subir a documentación á sede electrónica):

  • No caso de estudos de grao cursados nunha universidade distinta á de Vigo, certificación académica dos estudos de grao que lle dan acceso.
  • No caso de alumnado que accede ao mestrado oficial desde estudos cursados en universidades estranxeiras deberá aportar a Declaración de Equivalencia de Nota media solicitada ao Ministerio de Educación y Formación Profesional a través do seguinte enlace:

https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/gestion-titulos/estudios-universitarios/titulos-extranjeros/equivalencia-notas-medias.html

PRAZO:

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte á publicarse esta convocatoria ata o 30 de setembro de 2022 ata as 23:59 horas (hora peninsular española).

Plazo para resolver3 meses
Silencio administrativoDesestimatorio
Documentos de la convocatoria
Enlaces de la convocatoria
Correo electrónico: bolsasformacion@uvigo.es
Teléfono: 986 81 40 94
: https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas/premios
Taboleiro: https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-details.xhtml?idtaskdata=27786080

24/10/2022: Listaxe provisoria de solicitudes admitidas e excluídas

Observaciones

Alegacións a partir do día seguinte ó da publicación e ata o día 8 de novembro ás 23:59 horas (hora peninsular española)

Enlace á publicación no taboleiro

Documentos de la fase:

11/11/2022: Listaxe definitiva de solicitudes excluídas

Observaciones

Enlace á publicación no taboleiro

15/11/2022: Listaxe provisoria de persoas con premio concedido e listaxe de agarda

Observaciones

Alegacións a partir do día seguinte ó da publicación e ata o día 29 de novembro ás 23:59 horas (hora peninsular española)

Enlace á publicación no taboleiro

Documentos de la fase:

30/11/2022: Listaxe definitiva de persoas con premio concedido e listaxe de agarda

Observaciones

Enlace á publicación no taboleiro

Documentos de la fase:
Atrás