Secretaría Uvigo

Bolsas para o estudantado beneficiario ou solicitante de protección internacional

TipoBolsa de estudo
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código2022_2023 Bolsa Protección Internacional
Data inicio solicitudes18/07/2022
Data fin solicitudes15/09/2022
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/9699
Descripción

OBXECTO

Estas bolsas teñen por obxecto facilitar ás persoas con estatus de refuxiadas, solicitantes ou procedente de Ucraína con protección temporal, a realización de estudos  universitarios, preferentemente oficiais, que permitan a súa integración no noso país.

A contía individual máxima da bolsa será de 3.000 €  por persoa:

  • Os prezos públicos por servizos académicos e administrativos correspondentes á matrícula e o importe do seguro escolar de ser o caso.
  • Unha contía económica máxima de 2.000 € para todo o curso académico en concepto de axuda para gastos derivados da actividade académica. A contía máxima percibirase pola matrícula en 60 ECTS ou de ser o caso 600 horas, diminuíndo proporcionalmente en función dos créditos nos que se realice a matrícula.
  • Un curso de galego dos impartidos pola Área de Normalización Lingüística ou castelán no Centro de linguas da UVIGO a realizar durante o curso académico 2022/2023.
  1. O pagamento da bolsa efectuarase unha vez comprobado que as persoas beneficiarias están matriculadas no curso 2022/2023, mediante transferencia á conta bancaria indicada polo/a alumno/a na súa solicitude e da que deberá ser titular. Así mesmo poderá realizarse o abono da axuda mediante o procedemento de pago en formalización para aqueles/as estudantes que teñan importes de matrícula pendentes de aboar.
Requisitos

Pode solicitar bolsa o estudantado que cumpra os seguintes requisitos:

  1. Ter a condición de beneficiario/a de protección internacional ou ter autorización de estadía por atoparse no período transitorio de adquisición da condición na data de fin de presentación de solicitudes. Así mesmo están incluídas as persoas en situación de protección temporal outorgada en virtude da Decisión de Execución (UE) 2022/382 do Consello de 4 de marzo de 2022 a persoas afectadas polo conflito de Ucraína que poidan encontrar refuxio en España e pola Orde de 8 de marzo pola que se amplía a protección temporal.
  2. Manifestar o interese de realizar a preinscrición ou estar preinscrito/a en estudos de Grao e Mestrado oficial en centros propios da Universidade de Vigo ou en centros adscritos de titularidade pública que imparten titulacións non impartidas en centros propios (Enfermaría Ourense, Enfermaría Pontevedra e Enfermaría Meixoeiro), ou nunha titulación propia de especialista da Universidade de Vigo.
  3. Non posuír título en España en estudos do mesmo nivel para os que se solicita a bolsa.
  4. Informe sobre a situación socioeconómica da persoa solicitante, emitido pola ONG que xestiona ou xestionou o expediente de protección internacional ou a entrada ao sistema de Acollida e Integración. No caso de non ter unha ONG de referencia pódese achegar un informe socioeconómico da Unidade de Traballo Social do municipio de residencia.
Documentacion

O prazo de presentación das solicitudes comezará o día seguinte a publicarse esta convocatoria e rematará o 15 de setembro de 2022 ás 23:59 horas (hora peninsular española). A presentación fóra de prazo supoñerá a non admisión a trámite da solicitude.

Así mesmo, deberán subir a seguinte documentación ao formulario en liña:

  • Documento acreditativo da condición de beneficiario/a de protección internacional ou solicitante vixente no momento da solicitude (tarxeta branca ou tarxeta vermella).
  • Curriculum vitae con acreditación dos méritos alegados.
  • Documentación acreditativa das circunstancias alegadas para avaliar a situación de vulnerabilidade familiar.
  • Anexo II: Informe sobre a situación socioeconómica da persoa solicitante, emitido pola ONG que xestiona ou xestionou o expediente de protección internacional ou a entrada ao sistema de Acollida e Integración. No caso de non ter unha ONG de referencia pódese achegar un informe socioeconómico da Unidade de Traballo Social do municipio de residencia.
Observacións

OBRIGAS

A persoa beneficiaria deberá:

-  Matricularse no curso 2022/2023 antes do 15 de novembro de 2022 nalgunha titulación oficial de grao ou mestrado, ou propia de especialista da Universidade de Vigo. A obtención do título queda condicionada ao mantemento dos requisitos que permitiron a obtención da bolsa.

- Participar nas actividades académicas ao longo de todo o curso, entendendo como tales a asistencia virtual a clase, a realización das probas e exames das materias nas que se atopan inscritas e a participación responsable nas demais actividades orientadas a completar a súa formación.

- Entregar unha memoria sobre a experiencia persoal e académica, no prazo dunha semana dende que remata o curso.

-  Manter a condición de solicitante ou beneficiario de protección internacional durante todo o curso. No caso dos solicitantes de asilo deberán comunicar a admisión ou inadmisión a trámite da solicitude en canto a reciban.

Prazo para resolver3 meses
Silencio administrativoDesestimatorio
Documentos da convocatoria
Ligazóns da convocatoria
Correo electrónico: bolsasformación@uvigo.es
Teléfono: 986814094
Web: https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas/bolsas-estudo
Taboleiro: https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-details.xhtml?idtaskdata=27736241

27/09/2022 listaxe provisoria de solicitudes admitidas e excluídas

Observacións

Enlace á publicación no taboleiro

 

Prazo de alegacións a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución e ata o día 11 de outubro ás 23:59 horas (hora peninsular española)

Documentos da fase da convocatoria:

18/10/2022: Listaxe definitiva de solicitudes admitidas

Observacións

Enlace á publicación no taboleiro

Documentos da fase da convocatoria:

24/10/2022: Listaxe provisoria de persoas con bolsa concedida

Observacións

Alegacións a partir do día seguinte ó da publicación e ata o día 8 de novembro ás 23:59 horas (hora peninsular española)

Enlace á publicación no taboleiro

Documentos da fase da convocatoria:

11/11/2022: Listaxe definitiva de persoas con bolsa concedida

Observacións

Enlace á publicación no taboleiro

Documentos da fase da convocatoria:
Atrás