Bolsas para o estudantado beneficiario ou solicitante de protección internacional
Tipo | Bolsa de estudo |
Organismo convocante | Universidade de Vigo |
Código | 2022_2023 Bolsa Protección Internacional |
Data inicio solicitudes | 18/07/2022 |
Data fin solicitudes | 15/09/2022 |
Enderezo formulario para solicitude online | https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/9699 |
Descripción | OBXECTO Estas bolsas teñen por obxecto facilitar ás persoas con estatus de refuxiadas, solicitantes ou procedente de Ucraína con protección temporal, a realización de estudos universitarios, preferentemente oficiais, que permitan a súa integración no noso país. A contía individual máxima da bolsa será de 3.000 € por persoa:
|
Requisitos | Pode solicitar bolsa o estudantado que cumpra os seguintes requisitos:
|
Documentacion | O prazo de presentación das solicitudes comezará o día seguinte a publicarse esta convocatoria e rematará o 15 de setembro de 2022 ás 23:59 horas (hora peninsular española). A presentación fóra de prazo supoñerá a non admisión a trámite da solicitude. Así mesmo, deberán subir a seguinte documentación ao formulario en liña:
|
Observacións | OBRIGAS A persoa beneficiaria deberá: - Matricularse no curso 2022/2023 antes do 15 de novembro de 2022 nalgunha titulación oficial de grao ou mestrado, ou propia de especialista da Universidade de Vigo. A obtención do título queda condicionada ao mantemento dos requisitos que permitiron a obtención da bolsa. - Participar nas actividades académicas ao longo de todo o curso, entendendo como tales a asistencia virtual a clase, a realización das probas e exames das materias nas que se atopan inscritas e a participación responsable nas demais actividades orientadas a completar a súa formación. - Entregar unha memoria sobre a experiencia persoal e académica, no prazo dunha semana dende que remata o curso. - Manter a condición de solicitante ou beneficiario de protección internacional durante todo o curso. No caso dos solicitantes de asilo deberán comunicar a admisión ou inadmisión a trámite da solicitude en canto a reciban. |
Prazo para resolver | 3 meses |
Silencio administrativo | Desestimatorio |
Documentos da convocatoria | |
Ligazóns da convocatoria | |
Correo electrónico: | bolsasformación@uvigo.es |
Teléfono: | 986814094 |
Web: | https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas/bolsas-estudo |
Taboleiro: | https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-details.xhtml?idtaskdata=27736241 |
27/09/2022 listaxe provisoria de solicitudes admitidas e excluídas
Observacións | |
Enlace á publicación no taboleiro
Prazo de alegacións a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución e ata o día 11 de outubro ás 23:59 horas (hora peninsular española) | |
Documentos da fase da convocatoria: | |
18/10/2022: Listaxe definitiva de solicitudes admitidas
Observacións | |
Documentos da fase da convocatoria: | |
24/10/2022: Listaxe provisoria de persoas con bolsa concedida
Observacións | |
Documentos da fase da convocatoria: | |
11/11/2022: Listaxe definitiva de persoas con bolsa concedida
Observacións | |
Documentos da fase da convocatoria: | |